Gadis Recetas

receita

Hai unha receita para cada momento e en Gadis queremos compartilas todas contigo.

salmon en costra 9

Salmón en crocante

Aquí temos unha receita de salmón en crocante moi substanciosa, doada, lucida e riquísima. Desas que dan moito xogo. Asegúrovos que é unha receita que non deixaredes de facer, se antes vos fiades de min e probades a facela vós mesmos na casa.
Autor/a: Guisándome la vida - Carmen Albo
Etiqueta/s:Cociña sa, Peixe, Receita rápida
Imprimir receita
Tempo de preparación10 minutes
Tempo de cocción18 minutes
Tempo total28 minutes
Prato Prato principal
Cociña Mediterránea
Racións 4 persoas

Equipamento

  • Forno
  • Fonte apta para forno

Ingredientes
  

  • 800 g de lombo de salmón
  • 50 g de pan relado crocante
  • 40 g de parmesano relado
  • 40 g de améndoa moída
  • 1 laranxa
  • 1 limón
  • 1 cullerada de aneto
  • 40 ml de aceite de oliva virxe
  • Sal e pementa ao gusto
  • 1 sobre de eiruga
  • 1 anaquiño de cebola vermella

Elaboración paso a paso
 

Preparación salmón

  • Con axuda dunhas pinzas de depilar iremos retirando todas as espiñas enterradas que notamos ao pasar o dedo sobre o lombo do peixe.
    Nun bol amplo mesturamos:
    50 g de pan relado crocante
    40 g de queixo parmesano relado
    40 g de améndoa moída
    Reladura dunha laranxa e dun limón enteiros
    1 cullerada de aneto seco
    Mesturamos todos os ingredientes primeiro e cando estean ben mesturados, engadimos os  60 ml de aceite virxe para que se amalgame un pouco a mestura.
    salmon en costra 4

Forneado

  • Colocamos o lombo de salmón nunha fonte de forno aceitada e cubrímolo coas migallas apertando ben para que se adhiran.
    salmon en costra 2
  • Introducimos o salmón no forno 18 minutos a 200º.
    salmon en costra 7

Presentación

  • Retiramos o salmón da fonte de forno, partímolo en anacos e servímolo acompañado dunha ensalada verde de eiruga, cebola morada, parmesano relado, aceite e sal.
    salmon en costra 9

Notas

Aquí temos unha receita de salmón en crocante moi substanciosa, fácil, lucida e riquísima. Desas que dan moito xogo. Asegúrovos que é unha receita que non vas deixar de facer, se antes vos fiades de min e probades a facela vós mesmos na casa.

VOLVER