O noso compromiso co benestar animal: Alimenta a Amizade 2026
12 NOVEMBRO, 2026
O benestar animal foi adquirindo unha maior relevancia social e normativa en España desde la entrada en vigor da Lei 7/2023, de protección dos dereitos e o benestar dos animais. Unha lei que veu reforzar o recoñecemento dos animais como seres sintientes que xa establecera a Lei 17/2021, e que establece obrigacións para garantir a súa protección e unha tenencia responsable. Entre esas obrigacións, destacan proporcionarlles unha alimentación axeitada, atención veterinaria, unhas condicións de vida dignas, coidados hixiénicos e unha contorna que respecte as súas necesidades.
Pero o benestar animal vai máis aló do cumprimento da lexislación; implica fomentar o respecto, previr o abandono e os malos tratos, e promover unha maior concienciación social. Para logralo, é necesaria a colaboración entre empresas, cidadanía e entidades de protección animal, que resulta fundamental para seguir avanzando cara a unha sociedade máis responsable e respectuosa cos animais.
Como parte do noso compromiso co benestar animal, desde Gadis, levamos oito anos impulsando a campaña Alimenta a Amizade, que ofrece unha oportunidade para xerar unha alianza coas protectoras dos territorios nos que operamos. Con esta iniciativa e grazas tamén á complicidade da nosa clientela e persoal, buscamos conseguir recursos de alimentación e hixiene para facer o día a día destas organizacións un pouco máis levadío. Nesta publicación compartímos os principais resultados da edición de 2026 desta campaña.
Resultados de Alimenta a Amizade 2026
Entre o día 1 e o 15 de outubro de 2026, tivo lugar a oitava edición da campaña Alimenta a Amizade, cuxo principal obxectivo é a recollida de alimentos, artigos de hixiene e doazóns económicas para entidades que traballan no ámbito da protección animal (refuxios, protectoras ou xestoras de colonias felinas) da contorna. En total, 205 supermercados Gadis de Galicia e Castela e León acolleron a campaña durante esas dúas semanas.
Nesta edición colaboramos con 84 protectoras de Galicia e Castela e León, o que supuxo a marca máis alta de participación desde que arrincamos este proxecto en 2019. É habitual que estas entidades teñan dificultades para atender as necesidades dos cans e gatos sen fogar das súas zonas, xa que os recursos e o apoio que reciben adoitan ser insuficientes e irregulares. A pesar diso, a solidariedade e o compromiso das persoas voluntarias supoñen unha gran diferenza para lograr mellorar a vida dos animais en situación de vulnerabilidade.
No marco desta campaña, as persoas voluntarias contribuíron activamente a dinamizar as recollidas, así como a sensibilizar á cidadanía sobre a importancia do benestar animal e o papel crave da tenencia responsable. Grazas ao seu esforzo e convicción, xunto co apoio igualmente imprescindible do equipo de Gadis e a colaboración da clientela, fixeron posible sumar esforzos e construír unha rede de solidariedade en favor dos animais. Así, recadouse máis de 73.400 kg de produto ao longo desta edición —superando a cifra alcanzada o ano pasado— e recibir achegas económicas por valor de 2.301 €. Como vimos facendo desde o inicio desta iniciativa, Gadis realizou a súa propia achega á campaña, sumando 15.148 € ás doazóns recibidas, para distribuír entre las 84 entidades participantes.

O impacto positivo de Alimenta a Amizade e o benestar animal
A campaña Alimenta a Amizade é xa unha insignia da nosa estratexia de Responsabilidade Social Corporativa. Este proxecto permítenos ir máis aló da nosa actividade diaria e contribuír de forma directa ao benestar animal na nosa contorna. A través da colaboración coas protectoras, non só axudamos a cubrir algunhas das necesidades básicas dos animais que teñen ao seu cargo, senón que tamén visibilizamos o seu papel imprescindible na salvagarda do benestar dos animais e, por tanto, tamén da comunidade.
Poder acompañar a 84 entidades, coñecer ás persoas voluntarias e contribuír ao coidado dos animais cos que traballan é, sen dúbida, un privilexio. Ademais, esta iniciativa axúdanos a expandir as nosas alianzas, xa que a nosa clientela tamén se converte nun piar crave da campaña. A súa contribución, a través de doazóns en forma de produto ou achegas económicas, é crucial para lograr que cada ano poidamos contribuír de forma significativa ao funcionamento destas protectoras. Queremos tamén recoñecer o valor de todo o traballo que realiza o equipo de Gadis, que, co seu compromiso con esta causa, facilita que a campaña se desenvolva de forma exitosa ano tras ano.
Todas estas persoas conseguiron que, ao longo das oito edicións de Alimenta a Amizade, se recolleran 550.000 kg de produto e máis de 76.445 € para entidades que velan pola protección animal de cans e gatos sen fogar en Galicia e Castela e León.

Alimenta a Amizade permítenos sumar esforzos na consecución das metas dos ODS 3. Saúde e benestar,ODS 11. Cidades e comunidades sostibles e ODS 17. Alianzas para lograr obxectivos.
OUTRAS INICIATIVAS
Agricultura rexenerativa. Os produtos que cuidan o cha...
Agricultura rexenerativa. Os produtos que cuidan o chan.
Calendario de tempada: que comer no outono.
Calendario de tempada: que comer no outono.
Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado...
Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado.