Estás a ver Gadis para

Icono Flecha Marrón Dirección IzquierdaVolver ás iniciativas

Iniciativas de apoio á infancia

19 NOVEMBRO, 2026

Imagen Noticia Iniciativas de apoio á infancia

O Día Universal do Neno celébrase cada 20 de novembro porque coincide coa data na que, en 1959, a ONU aprobou a Declaración dos Dereitos do Neno. Trinta anos máis tarde, en 1989, adoptou a Convención sobre os Dereitos do Neno, o tratado de dereitos humanos máis ratificado da historia. Desde entón, esta conmemoración anual supón unha oportunidade para lembrar que os dereitos da infancia non son unha aspiración, senón un compromiso que nos responsabiliza a todas as persoas e países.

O informe sobre o Estado Mundial da Infancia 2025 Poñer fin á pobreza infantil: un imperativo universal de UNICEF invita a mirar de fronte unha realidade que segue condicionando o futuro de millóns de nenos e nenas. De acordo cos datos que recolle, 412 millóns de menores, case un de cada cinco no mundo, viven en pobreza extrema, e outros 417 millóns sofren privacións graves en polo menos dous ámbitos básicos como a educación, a saúde, a vivenda, a nutrición, o acceso a auga limpa ou o saneamento.

No entanto, o informe tamén deixa espazo para a esperanza. Desde o ano 2000, a privación grave na infancia reduciuse nunha terceira parte nos países de ingreso baixo e mediano-baixo, o que demostra que as políticas públicas ben deseñadas funcionan. O problema actual reside en que, debido á pandemia, ao cambio climático e aos conflitos armados, o progreso retardouse. Catro de cada cinco nenos afrontan cada ano polo menos un risco climático extremo e case un de cada cinco vive nunha zona de conflito. Aínda así, UNICEF lembra que existen solucións e están en mans dos gobernos: converter a loita contra a pobreza infantil nunha prioridade nacional, ampliar a protección social, garantir servizos públicos de calidade e promover o traballo digno para as familias.

Desde Gadis, mantemos o noso compromiso coa protección e a creación de oportunidades para a infancia, impulsando cada ano unha serie de iniciativas que contribúen a xerar hábitos de vida saudables na infancia da nosa contorna. Ademais, levamos máis de tres décadas colaborando con UNICEF para mellorar a alimentación e a saúde de nenos e nenas en situación de vulnerabilidade.

Que iniciativas de apoio á infancia impulsamos desde Gadis

Dentro da nosa estratexia de Responsabilidade Social Corporativa desenvolvemos unha serie de accións no ámbito da educación e a solidariedade, que teñen como público destinatario la infancia:

  • Alimentes. O noso programa educativo leva case 30 anos apostando pola educación de calidade para fomentar a adquisición de hábitos de vida saudables e promover a sustentabilidade. Ademais, por mor da pandemia, puxemos en marcha a plataforma Alimentes Dixital, onde poñemos ao dispor das comunidades educativas de Galicia e Castela e León 15 unidades didácticas adaptadas aos seus currículos educativos e ás diferentes etapas de educación infantil e primaria. Como novidade este ano, incorporamos actividades imprimibles para educación infantil e 1º e 2º de primaria coa intención de reducir o tempo de exposición ás pantallas en idades máis temperás. Tamén estreamos un novo obsequio: a fiameira Alimentes, un recurso que pretende contribuír á planificación de menús saudables de forma práctica. Se es docente en Galicia ou Castela e León, podes sumarte ao noso programa gratuíto nesta ligazón: https://alimentes.gadis.es/registro-profesor
  • Colaboración con UNICEF. Desde 1993, mantemos unha colaboración regular con UNICEF, apoiando o desenvolvemento de programas integrais que benefician a nenos, nenas e familias en situación de pobreza e exclusión social. A través da iniciativa Agasallo Azul, mediante a que realizamos doazóns económicas en forma de felicitacións do Nadal aos nosos colaboradores e colaboradoras, contribuímos a enviar subministracións esenciais. Baixo o lema “Xuntos podemos transformar vidas”, conseguimos que a nosa doazón económica proporcione un tratamento nutricional a 15.057 nenos e nenas de países en situación de emerxencia. Este compromiso favoreceu o envío de 5.019 kits de alimento terapéutico, unha solución rica en nutrientes destinada a loitar contra a desnutrición aguda infantil en territorios afectados por graves crises humanitarias. Nestes momentos, UNICEF está a traballar intensamente para abordar as situacións extremas que se están a vivir en lugares como Gaza, Sudán, República Democrática do Congo ou Bangladesh.

O impacto positivo de adquirir compromisos coa infancia

Gadis busca contribuír a unha sociedade máis xusta, promovendo o benestar da infancia. Por unha banda, traballamos para xerar un impacto positivo nas comunidades locais e, por outra, apoiamos accións para salvagardar a saúde e as oportunidades de nenos e nenas a nivel global. A través da nosa estratexia de Responsabilidade Social Corporativa, comprometémonos coas novas xeracións mediante o noso programa educativo Alimentes, xa que os hábitos saudables son imprescindibles para o desenvolvemento infantil. Ademais, grazas á nosa alianza con UNICEF, ampliamos o alcance para achegar recursos nutricionais a nenos, nenas e familias en situación de vulnerabilidade en todo o mundo.

Con estes proxectos de apoio á infancia, traballamos para contribuír á consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, en concreto, dos ODS 1. Fin da pobreza, ODS 2. Fame cero, ODS 3. Saúde e benestar, ODS 4. Educación de calidade, ODS 10. Redución das desigualdades e ODS 17. Alianzas para lograr obxectivos.

OUTRAS INICIATIVAS

Imagen Noticia O noso compromiso co benestar animal: Alimenta a Amizade 2026

O noso compromiso co benestar animal: Alimenta a Amiza...

O noso compromiso co benestar animal: Alimenta a Amizade 2026

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Agricultura rexenerativa. Os produtos que cuidan o chan.

Agricultura rexenerativa. Os produtos que cuidan o cha...

Agricultura rexenerativa. Os produtos que cuidan o chan.

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Calendario de tempada: que comer no outono.

Calendario de tempada: que comer no outono.

Calendario de tempada: que comer no outono.

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha