Os mexillóns están cocidos? Como se preparan?

Todos coñecemos este produto: o mexillón. Sen embargo, é probable ter dúbidas sobre como se preparan os mexillóns en lata e se están cocidos ou non.

E iso a pesares de que o mexillón en lata é algo realmente español. Sabíalo? É tan habitual ver grandes seccións de alimentación en conserva nos estantes dos teus supermercados Gadis, que moita xente cre que é o habitual. Pero se algún viaxeiro habitual ou algunha persoa que vivise fóra está lendo este artigo, saberá que é algo sorprendente.

Hai moitos países, aquí mesmo en Europa, onde é imposible (ou case) atopar este produto. Pero España é un dos maiores fabricantes e consumidores de mexillóns en lata. O motivo, que están boísimos!

Están cocidos os mexillóns en lata?

Si, os mexillóns en lata veñen xa preparados para o seu consumo directo, porque se cociñan previamente. Xeralmente, estes cócense ó vapor, do mesmo xeito que poderías facer na túa casa. Tamén veñen totalmente limpos.

É a idea e as características polas que a comida en conserva é tan popular en España. Porque ofrecen unha alternativa rápida e deliciosa para deseñar pratos e receitas sen moito traballo, ou inclusive para que sexan a propia comida cando non hai moito tempo para cociñar ou simplemente porque os mexillóns en lata están boísimos.

mejillones en lata

Como se preparan os mexillóns en lata?

Hai procesos que son comúns a case todas as plantas de elaboración de mexillóns en lata e despois pasos que poden cambiar dependendo do fabricante. O primeiro paso sempre é o quitar as cunchas, que soe facer en máquinas especialmente deseñadas para iso. Estas raspan ben o produto para limpalo e sepárano da cuncha. En ocasións, esta mesma máquina encárgase do cociñado ó vapor e, en ocasións, é outro paso do proceso.

A continuación, prepararíase a salsa que acompaña ós mexillóns en lata, ó natural, escabeche, etc. O escabeche, por exemplo, é unha mestura de pemento en polvo vermello, aceite, vinagre e auga. Dependendo da receita, tamén é posible que se fritan os mexillóns durante un par de minutos.

Os últimos pasos son o empaquetado e o esterilizado. Isto tamén se fai a través de máquinas que garanten un acabado perfecto, seguro e delicioso. De aí, as latas viaxan directamente ós estantes de Gadis, e destes á túa mesa. Probade tamén outros ricos produtos do mar en lata, como as sardiñas.

Deja un comentario