Día Mundial da Saúde

O 7 de abril é o día elixido para conmemorar a fundación da Organización Mundial da Saúde (OMS), cuxo obxectivo é construír un futuro mellor e máis saudable para as persoas de todo o mundo. O Día Mundial da Saúde cada ano trata un tema concreto. Este 2018 enfócase en “Cobertura sanitaria universal para todas as persoas, en calquera lugar”. O lema desta campaña é “saúde para todos” e o hashtag #HealthForAll.
INSERTAR GIF EN WORDPRESS

Que é a Cobertura Sanitaria Universal? (CSU)

Que todas as persoas e comunidades reciban os servizos de saúde que precisan sen sufrir por iso dificultades económicas. Permite a todas as persoas ter acceso a servizos que tratan as principais causas de morbilidade e mortalidade cun servizo de calidade.
Algúns datos da situación actual (OMS 2017):

  • A metade da poboación mundial non pode recibir servizos de saúde esenciais.
  • Case 100 millóns de persoas ven sumidas na pobreza extrema porque teñen que pagar os servizos de saúde do seu propio peto.
  • 12 por cento da poboación mundial gasta como mínimo o 10 por cento do orzamento familiar en gastos de saúde.


Infografía Cobertura Sanitaria Universal. OMS

ODS 3: Saúde e benestar.

Como vimos neste artigo os  ODS son 17 obxectivos mundiais para alcanzar o desenvolvemento sustentable para o ano 2030. O número 3, céntrase especificamente en “garantir unha vida sa e promover o benestar para todos en todas as idades”.
Desde o ano 2000 obtivéronse significativos avances, pero é necesario acelerar o ritmo. En especial, naqueles países con maiores índices de morbilidade. Non ter acceso a unha cobertura sanitaria universal, dificulta enormemente o cumprimento deste obxectivo.
Os eixos deste  ODS 3 divídense en:

  • Saúde reprodutiva, materna,  neonatal e infantil.
  • Enfermidades infecciosas.
  • Enfermidades non transmisibles e saúde mental.
  • Sistemas de saúde e financiamento.
  • Outros riscos para a saúde.

Gadis e a saúde.

Como empresa distribuidora de alimentos, unha das nosas liñas estratéxicas de RSC é a vida saudable. Para iso, contamos con diferentes formatos para difundir os valores e a información necesaria para unha vida plena e feliz.

É a nosa campaña dirixida a escolares que anualmente alcanza uns 7.000 participantes de Galicia e Castela e León.
Os materiais empregados na acción están adaptados ao currículo oficial e diferenciados por niveis. Consta de dous manuais para docentes e 16 fichas de traballo para a aula desde segundo ciclo de infantil ata 6º de primaria.  

Gadis ponse en movemento percorrendo cidades e vilas de Galicia e Castela e León para seguir difundindo estes valores. A alimentación saudable, a actividade física, o desperdicio alimentario e a compra responsable son os protagonistas da exposición que se atopa no seu interior.  

A creación dun apartado específico na web para tratar a saúde é unha mostra máis do noso claro compromiso. Fomentar hábitos de vida saudables para as persoas e para o medio ambiente son os nosos obxectivos. Dirixímonos a un público variado e esforzámonos por xerar contidos útiles e de calidade.  

Un 38% das colaboracións externas do ano 2016 foron na promoción do deporte e hábitos de vida saudables. Apoiamos carreiras, campionatos, competicións e actividades deportivas populares dunha infinidade de deportes. Ademais, apoiamos con patrocinios institucionais como o outorgado ao equipo  paralímpico español desde o ano 2008.

  • A saúde das nosas persoas

Para  GADISA é moi importante a saúde das nosas persoas. Por iso, desenvolvemos iniciativas de sensibilización e formación en materias relacionadas coa saúde dentro e fóra do traballo. Así contamos cun Taller de Costas, un Facebook interno de nutrición e un servizo de asesoría continuada en hábitos de consumo saudables realizado por profesionais en nutrición. Tamén colaboramos co Programa de Ergonomía Xunta de Galicia.
Se queredes saber máis podedes ver a nosa Memoria Corporativa de 2016.

Que vos parecen as nosas accións? Esperamos que as gocedes!
 
Feliz e saudable 7 de abril!

Máis información:

 

Deja un comentario