Fin de curso e vacaciones

Fecha: Xullo 4, 2018

“Como? Que xa pasou todo un curso escolar? Onde foron a parar estes 9 meses? Como nos organizamos nas vacacións?” Sóache familiar? Pois entón este post, interésache 😉

Adeus á rutina

Este é un dos primeiros pensamentos que seguramente crucen as nosas cabezas. Xa non haberá que ir ao cole e con esta realidade tócanos vivir ata setembro. Non desesperemos, a cousa é que tan só necesitamos unha nova rutina 😊 flexible, iso si.
É normal que os nosos e as nosas peques estean especialmente alterados os primeiros días de vacacións. Todo o que non puideron facer o resto do ano, quéreno agora. Deitarse máis tarde, xogar ata as tantas, levantarse cando lles pida o corpo, comer cando teñan fame… de entrada parece un descontrol, pero é necesario atopar un pouco de orde dentro deste caos. Algo así como expornos vivir os meses de verán en estado “ caórdico”, danzando entre o caos e a orde ata a chegada do outono.
O ideal é falar e chegar a unha serie de acordos. Implicalos nas decisións sobre como gozar do seu verán é axudalos a ser máis responsables da súa propia vida. Dependendo da idade, poderán decidir sobre máis ou menos cousas, obviamente. Tamén haberá cousas que non queiran e, con todo, non sexan  negociables. Neste caso é importante que entendan os motivos polos que debe ser así. Con estas bases xa estamos a construír unhas normas consensuadas que serán moitas máis sinxelas de seguir por todos os membros da familia.

Alimentación saudable en verán

Un dos grandes  temas do verán é este. Moitos dos  peques comen no comedor ou mesmo en casa de avoas e avós. Encaixar a comida do mediodía en casa non é tarefa fácil se é algo novo, pero nada que non se poida superar cun pouco de planificación. Animámosvos a que probedes preparacións simples que se poidan deixar preparadas a noite anterior para así asegurar un menú equilibrado. As présas son as culpables de que moitas veces botemos man de produtos procesados que tras pasar pola fritideira acaban nos nosos pratos.
O verán é época ideal para pratos lixeiros e  fresquiños. Gazpacho,  salmorejo, allo branco, son algunhas das cremas frías máis tradicionais do sur de España. Delicias cheas de verduras de tempada, sinxelas de facer e cheas de nutrientes. A ensalada rusa é indiscutiblemente a raíña das mesas españolas nesta época do ano. Se lle metemos verduras en abundancia (xudías, cenorias, chícharos, cebola…) e menos maionesa, estaremos ante un prato realmente equilibrado. Variacións da ensalada rusa poden ser as ensaladas de pasta ou de arroz. Moi ricas para tomar frías e un bo recurso para variar.
Se nos gusta innovar, as  crudités ( varas de cenoria,  apio, pemento… crúas) son unha marabilla para comer co que por países como Grecia,  Chipre, Turquía coñécense como “ Mezze”. Estes pratos adóitanse tomar como entrantes e son moi sinxelos de facer. Algúns son máis coñecidos como o  Humus (paté de garavanzo), pero o Baba  Ghanush (paté de berenxena) ou o  tsasiki (salsa de iogur grego) non vos deixarán indiferente.

Vida activa en verán


A parte da alimentación, sabemos a importancia de que os e as nenas queimen a enerxía que teñen. Durante todas as horas que pasan no colexio teñen un gasto enerxético enorme. Non só pola atención que deben prestar senón polos recreos, clases de educación física e actividades extraescolares que teñen. O verán non pode ser escusa para baixar esta frenética actividade. É máis, seguro que gozan incrementándoa.
Bicicleta, patíns, praia, piscina, carreiras e excursións son algunhas das actividades do verán. Ben sexa porque se vaian de campamento ou porque esteamos en familia de  vacacións, buscar a forma de “darlle á pata” é imprescindible para esa harmonía que buscamos. É importante evitar o sedentarismo que pode darse se pasan moitas horas en casa xogando á consola ou vendo a televisión. Esta debería ser unha á parte clave das negociacións que comentabamos máis arriba.
En fin, sexa cal for o voso plan para vosos peques este verán, aquí estaremos desde  Gadis apoiándovos. Por unha banda, tedes as nosas oferta de produtos e por outro, tédesnos por aquí no blogue. Seguirémosvos dando ideas de receitas, plans, trucos e consellos para gozar a lume de biqueira desta marabillosa época do ano.
Que empecen as vacacións escolares!