É a remolacha boa para a anemia? – Beneficios e propiedades

Fecha: Xullo 10, 2023

Unha persoa ten anemia cando no seu sangue hai unha baixa concentración de hemoglobina ou de glóbulos vermellos. A hemoglobina é esencial para transportar o osíxeno polo corpo e, por iso, debes combater esta enfermidade. Unha dieta saudable é unha das grandes armas e, en concreto, a remolacha é moi boa para a anemia.
En xeral, os alimentos ricos en vitaminas B12, ácido fólico, vitamina C e ferro son os máis recomendados para persoas con anemia. Entre estes inclúense as espinacas, a carne vermella, os ovos, as granadas, o pan integral, as noces, o marisco, a mel, as pasas, as mazás ou os tomates. E, por suposto, a remolacha, da que che falamos hoxe con máis detalle.
mejores frutas para el organismo

Por que a remolacha é boa para a anemia?

A remolacha é moi efectiva para combater a anemia, xa que é un vexetal cun alto contido en ferro. Isto faina ideal para reparar e para reactivar os glóbulos vermellos, aumentando a súa capacidade de levar o osíxeno a todas as partes do corpo. O mellor é que é unha verdura que podes engadir á túa dieta diaria, porque apenas ten contraindicacións.
Ademais, a remolacha é un dos alimentos con maior cantidade de ácido fólico (vitamina B9). Esta é moi importante porque é esencial para producir glóbulos vermellos e só se atopa nas verduras.
Ó mesmo tempo que produce glóbulos vermellos, outra función do ácido fólico é limpar as arterias, reducindo os niveis de homocisteína no sangue. Isto minimiza o risco de accidentes cardiovasculares, como derrames cerebrais e ataques cardíacos. Todo isto é moi adecuado para mulleres embarazadas, xa que durante o embarazo, hai maiores requisitos de ácido fólico e aumenta a presión sobre o sistema cardiovascular.
Unha forma ideal de comer remolacha é combinada nunha boa ensalada con outras verduras. Por exemplo, cenoria, pemento ou tomates. Unha combinación moi sinxela a base de produtos frescos que podes mercar en calquera Gadis preto da túa casa. A outra é en fantásticos batidos, ideais para tomar no almorzo.
Se precisas máis motivos para consumir remolacha, que saibas que tamén aumenta os niveis do rendemento físico e axuda no proceso de desintoxicación ó previr e reducir os depósitos de graxa no fígado. Ademais, é moi rica en fibra, nutrientes esenciais como a vitamina C e minerais como o potasio e o manganeso.