Gadis Recetas

receita

Hai unha receita para cada momento e en Gadis queremos compartilas todas contigo.

foto horizontal

Trenza de Pascua

A Trenza de Pascua é un deses clásicos que nunca faltan na Semana Santa. Coa súa miga tenra e esponxosa, lixeiramente doce e aromática, é un pracer que acompaña igual de ben o almorzo, a merenda ou un momento especial en familia.
A súa elaboración require paciencia, porque as masas levadas teñen o seu propio ritmo e non admiten presas. Porén, cada espera paga a pena: cando a trenza sae do forno, dourada e brillante, conquista pola súa presenza e, sobre todo, polo seu sabor.
Máis ca un simple pan doce, a Trenza de Pascua é unha tradición que une xeracións e enche a casa de arrecendos festivos. Preparala é regalar tempo, agarimo e un anaco de celebración que se goza en cada bocado.
Etiqueta/s:doce, pascua, Semana Santa, trenza
Imprimir receita
Tempo de preparación40 minutes
Tempo de cocción30 minutes
Tiempo de repouso8 hours
Tempo total9 hours 10 minutes
Prato Sobremesa
Cociña Española
Racións 12 persoas

Equipamento

  • Robot amasador (os/as valientes poden amasar a man)

Ingredientes
  

  • 500 g fariña de forza
  • 100 g manteiga de vaca
  • 3 uds ovos para a masa
  • 100 g azucre
  • 70 g leite
  • 17 g fermento fresco
  • 2 cdas mel
  • 1 cda anís
  • 1 cda auga de azar
  • 1 reladura de naranxa
  • 1/2 ud limón
  • 1 ud ovo
  • 20 g azucre para decorar
  • Améndoas laminadas para decorar

Elaboración paso a paso
 

  • O primeiro paso será temperar o leite para disolver o fermento nel. Reservamos.
  • Nun bol mesturamos o limón, o anís, a esencia de azar e as reladuras xunto co azucre.
  • No bol do robot amasador botamos a manteiga fría xunto co azucre e batemos ata que se faga crema.
  • Engadimos os ovos e o mel e batemos un par de voltas para integrar.
  • Engadimos a fariña e deixamos o robot amasando uns 10 minutos.
  • Tras iso, meter a masa na neveira toda a tarde, sacala e deixala repousar toda a noite.
  • Pola mañá, dividimos a masa en 3 partes iguais.
  • Facemos uns churros e con eles imos formando a trenza. 
  • Metemos os finais para abaixo para que as terminacións quden bonitas. 
  • Deixamos fermentar a trenza ata que dobre o volume (1 ou 2 horas).
  • Prequentamos o forno a 180 ºC.
  • Pintamos cun pouco de ovo batido e botamos unhas améndoas laminadas por enriba. 
  • Mollamos unha manchea de azucre cunhas gotas de auga ou anís e poñémolsa por enriba da trenza.
  • Enfornamos durante 30 minutos, ata que estea ben douradiña. Deixamos arrefriar e a desfrutar do seu incrible sabor.

VOLVER