O primeiro paso será temperar o leite para disolver o fermento nel. Reservamos.
Nun bol mesturamos o limón, o anís, a esencia de azar e as reladuras xunto co azucre.
No bol do robot amasador botamos a manteiga fría xunto co azucre e batemos ata que se faga crema.
Engadimos os ovos e o mel e batemos un par de voltas para integrar.
Engadimos a fariña e deixamos o robot amasando uns 10 minutos.
Tras iso, meter a masa na neveira toda a tarde, sacala e deixala repousar toda a noite.
Pola mañá, dividimos a masa en 3 partes iguais.
Facemos uns churros e con eles imos formando a trenza.
Metemos os finais para abaixo para que as terminacións quden bonitas.
Deixamos fermentar a trenza ata que dobre o volume (1 ou 2 horas).
Prequentamos o forno a 180 ºC.
Pintamos cun pouco de ovo batido e botamos unhas améndoas laminadas por enriba.
Mollamos unha manchea de azucre cunhas gotas de auga ou anís e poñémolsa por enriba da trenza.
Enfornamos durante 30 minutos, ata que estea ben douradiña. Deixamos arrefriar e a desfrutar do seu incrible sabor.