Gadis Recetas

receita

Hai unha receita para cada momento e en Gadis queremos compartilas todas contigo.

Roscos fritos de semana santa e1711529547323

Roscos fritos de Semana Santa

Roscos fritos de Semana Santa con sabor a laranxa. Receita tradicional do sur de España, perfecta para facer na casa durante os días festivos da Semana Santa. Sabor riquísimo e moi doados de facer.
Autor/a: Lucía Sigler Rodríguez - Lambonadasde Galicia
Imprimir receita
Tempo de preparación30 minutes
Tempo de cocción30 minutes
Tempo de repouso30 minutes
Tempo total1 hour 30 minutes
Prato Sobremesa
Cociña Española
Racións 7 persoas

Equipamento

  • Tixola ou cazo fondo para fritir os roscos
  • Bol para mesturar os ingredientes

Ingredientes
  

  • 500 g de fariña
  • 1 parella de gasificantes
  • 3 Ovos
  • 160 g de azucre
  • 75 ml de aceite de oliva
  • 100 ml de zumo de laranxa
  • Reladura dun limón
  • Reladura dunha laranxa
  • 250 ml de aceite de xirasol para fritir
  • 50 g de azucre para rebozar
  • 25 g de canela en po para rebozar

Elaboración paso a paso
 

Masa

  • Primeiro batemos os ovos co azucre, coa reladura de limón e coa de laranxa.
  • Seguidamente, engadimos todos os líquidos: o zume de laranxa, o anís e o aceite de oliva.
  • Por outro lado, mesturamos a fariña cos gasificantes e incorporámolos pouco a pouco á mestura anterior.
  • Deixamos repousar a masa uns 30 minutos

Fritir

  • Unha vez pasado o tempo, poñemos a quentar o aceite
  • Untamos as mans co aceite e collemos unha pequena porción de masa. Facemos a forma do rosco e imos fritindo un por un, dándolles a volta sen sacalos.

Rebozar

  • Unha vez frito, sacámolo e rebozamos no azucre con canela.
  • Continuamos ata acabar con toda a masa. Deixamos arrefriar e a comer

VOLVER