Gadis Recetas

receita

Hai unha receita para cada momento e en Gadis queremos compartilas todas contigo.

Captura de Pantalla 2024 01 25 a las 17.55.58

Ñoquis de cabaza con salsa de queixo e espinaca

Só precisas un pouco de tempo para preparar este delicioso prato de ñoquis caseiros sen glute e cun intenso sabor a cabaza. Sorprenden coa súa preciosa forma de cabaza e combinan á perfección coas espinacas e coa salsa de queixo. Unha fusión italo-galega moi fácil de facer coa que, con seguridade, terás éxito na mesa e na cociña.
Autor/a: Lidia Filgueira Vázquez
Etiqueta/s:Sen glute, Vexetariana (inclúe lácteos e ovos)
Imprimir receita
Tempo de preparación50 minutes
Tempo de cocción20 minutes
Darlles forma aos ñoquis15 minutes
Tempo total1 hour 25 minutes
Prato Prato principal
Cociña Italiana
Racións 4 persoas

Equipamento

  • Forno para asar a cabaza
  • Pota para cocer as patacas e os ñoquis
  • Espumadeira para retirar os ñoquis e as patacas da auga
  • Cazo para realizar a salsa de queixo
  • Bol para mesturar os ingredientes dos ñoquis
  • Garfo para facer os purés
  • Coador para peneirar a fariña
  • Relador para relar o queixo
  • Fonte para colocar os ñoquis
  • Fío para darlles forma de cabaza aos ñoquis
  • Culler para colocar os ñoquis

Ingredientes
  

Ñoquis

  • 400 g de cabaza asada
  • 400 g de pataca cocida
  • 300 g de fariña fina de millo
  • 100 g de espinacas conxeladas
  • 1 Ovo
  • 2 culleradas de queixo relado
  • 1 cullerada de manteiga
  • Sal
  • Pementa negra
  • Noz moscada

Salsa de queixo

  • 300 ml de leite semidesnatado
  • 200 g de queixo tradicional galego
  • 100 g de queixo parma reggian relado
  • Sal
  • Pementa negra
  • Noz moscada

Elaboración paso a paso
 

Ñoquis

  • Cortar e asar a cabaza ao forno a 200ºC durante 15 min. Retirar, pelar e facer puré.
  • Mondar, cortar en anacos e cocer as patacas en auga con sal durante 10 min. Escorrer e facer puré.
  • Mesturar os purés de cabaza e de pataca co ovo, a manteiga e o queixo relado.
  • Salpementar e engadir a noz moscada.
  • ncorporar a fariña fina de millo peneirada e mesturar.
  • Dividir a masa e dar forma redondeada. Cun fío, darlles forma de cabazas ás boliñas.
  • Cocer en auga fervendo con sal durante 2 min e retirar cando suban á superficie.
  • Empratar sobre as follas de espinacas e colocar os talos das espinacas cortados en anacos sobre os ñoquis.

Salsa de queixo

  • Quentar o leite. Salpementar e engadir a noz moscada.
  • Retirar a pel do queixo e cortar en anacos.
  • Engadir o queixo partido e o queixo relado e ligar a salsa, remexendo, durante 5 min. Retirar e servir sobre os ñoquis.

Notas

Cando cozas os ñoquis, engade pouca cantidade na pota para que non se peguen. Cando suban á superficie, estarán listos.

VOLVER