Gadis Recetas

receita

Hai unha receita para cada momento e en Gadis queremos compartilas todas contigo.

Captura de Pantalla 2024 01 25 a las 10.19.41

Muffins salgados

Estes muffins son unha idea moi sinxela para que os teus almorzos sexan nutritivos e ricos en proteína. Podes facelos con anticipación e só terás que quentalos ao erguerte.
Autor/a: Viki Lorenzo
Imprimir receita
Tempo total30 minutes
Prato Almorzo
Cociña Mediterránea
Racións 2 persoas

Equipamento

  • 1 Bol
  • 1 Bandexa de forno
  • 6 o 7 Moldes de muffins

Ingredientes
  

  • 4 ovos
  • 80 g de mozzarella
  • 1 tercio de cabaciña
  • 1 cenoria
  • 5 tomates cherry
  • 3 cogomelos ou champiñóns
  • Sal
  • Pementa
  • Ourego seco

Elaboración paso a paso
 

  • Prequentar o forno a 200ºC.
  • Relar a mozzarella e a cenoria.
  • Picar en dados pequenos a cabaciña e os cogomelos.
  • Por último, cortar os tomates en cuartos.
  • Engadir todos os vexetais nun bol.
  • Bater 4 ovos e engadir ao bol.
  • Condimentar con sal, pementa e ourego seco.
  • Mesturar moi ben e colocar a mestura en moldes individuais aceitados.
  • Meter no forno durante 18 minutos a 200ºC.

VOLVER