Gadis Recetas

receita

Hai unha receita para cada momento e en Gadis queremos compartilas todas contigo.

Imagen11

Bonito do norte en salsa de tomate

Aproveitamos a tempada do bonito do norte para preparalo en salsa e gozar dun peixe cunha porcentaxe de proteínas moi importante e, como bo peixe azul, con graxa rica en ácidos graxos omega-3 , polo que teremos nel un aliado para rebaixar o colesterol e mais os triglicéridos e, polo tanto, cun nivel nutricional moi importante para a nosa dieta.
Na casa encántanos o bonito e cando como agora está en comida, mercámolo moito na peixaría de GADIS, o meu supermercado de confianza. Facemos BONITO EN CONSERVA DE ACEITE DE OLIVA, CONSERVA DE BONITO EN ESCABECHE ou elaboramos MARMITAKO DE BONITO DO NORTE, pero teño que recoñecer que unha das receitas que máis usamos é a clásica de “Bonito do norte en salsa de tomate”.
Unha receita ben sinxela e doada pero absolutamente deliciosa e que demostra que non é preciso complicarse moito para comer rico e ben.
Autor/a: Gadis
Imprimir receita
Prato Prato principal
Racións 4 persoas

Ingredientes
  

  • 600 g de bonito fresto do norte (peixaría de GADIS)
  • 700 g de tomates pera maduros (froitaría de GADIS)
  • 1/2 Pemento verde (froitaría de GADIS)
  • 1/2 Pemento vermello (froitaría de GADIS)
  • 2 dentes de allo (froitaría de GADIS)
  • 1 culleradiña de aceite para mitigar a acidez (froitaría de GADIS)
  • Sal
  • Aceite de oliva virxe extra
  • Pementa negra
  • Ourego
  • Alfábega (para decorar)

Elaboración paso a paso
 

  • Pela e pica os dentes de allo e dóuraos nunha cazola cun chorriño de aceite.
  • Lava e pica as cebolas e os pementos, engade todo á pota e doura as verduras durante 3-4 minutos ata pochar ben. Condimenta cun chisco de sal e cunha chisca de azucre.
  • Lava os tomates, corta en toros e engádeos á pota.
  • Tapa e cociña durante 30 minutos.
  • Tritura co batedor eléctrico, coa por un coador ou chino e reserva a salsa.
  • Corta o bonito en anacos medianos, retirando a espiña central salpeméntaos e dóuraos nunha tixola polos dous lados con algo menos de 2 minutos de cada lado. Coidado con non pasarse de cocción.
  • Emprata cunha boa cama de salsa quente na fonte de servir, coloca sobre ela os anacos de bonito, rega cunha cullerada de salsa cada anaco de bonito e decora con alfábega.
  • Acompaña con pementos do piquillo (opcional)
  • Sirve con gornición de patacas fritas ou cocidas, arroz branco etc..

VOLVER