Pela e pica os dentes de allo e dóuraos nunha cazola cun chorriño de aceite.
Lava e pica as cebolas e os pementos, engade todo á pota e doura as verduras durante 3-4 minutos ata pochar ben. Condimenta cun chisco de sal e cunha chisca de azucre.
Lava os tomates, corta en toros e engádeos á pota.
Tapa e cociña durante 30 minutos.
Tritura co batedor eléctrico, coa por un coador ou chino e reserva a salsa.
Corta o bonito en anacos medianos, retirando a espiña central salpeméntaos e dóuraos nunha tixola polos dous lados con algo menos de 2 minutos de cada lado. Coidado con non pasarse de cocción.
Emprata cunha boa cama de salsa quente na fonte de servir, coloca sobre ela os anacos de bonito, rega cunha cullerada de salsa cada anaco de bonito e decora con alfábega.
Acompaña con pementos do piquillo (opcional)
Sirve con gornición de patacas fritas ou cocidas, arroz branco etc..