
Ameixas á mariñeira
As ameixas á mariñeira son un prato tradicional da cociña galega e habitual en datas especiaisMoi presente sempre en momentos importantes, este guiso de esencia mariñeira forma parte xa da cultura gastronómica de Galicia. É moi importante que as ameixas se acompañen dun prebe que lembres durante moito tempo.Nesta, como noutras moitas receitas, o produto é clave. Procura mercar unha ameixa de calidade.Se vou facer ameixas á mariñeira, sempre merco ameixa babosa. É un pouco máis cara pero como non as fago todos os días, un día, sempre é un día. Normalmente, é de cor gris pálida cunhas bandas tenues dun ton intenso e cunhas liñas finas debuxadas na súa cuncha, paralelas ao bordo.Viven no litoral atlántico, no canal da Mancha e tamén se encontra no Mediterráneo.En Galicia, son famosas as ameixas de Carril, municipio de Vilagarcía de Arousa, provincia de Pontevedra (España).Os ingredientes son todos habituais e conséguense de forma doada en GADIS, o meu supermercado de sempre.
Autor/a: Gadis
Imprimir receita
Prato Prato principal
Racións 10 persoas
Ingredientes
- 3 kg de ameixas peixería de GADIS
- 2 cebolas grandes doces
- 50 ml de aceite de oliva
- 3 ou 4 anacos de chile
- 1 cullerada de fariña
- 2 culleradiñas de pemento JAUJA
- 5 culleradas de salsa de tomate
- 2 dentes de allo sen xermolo
- 200 ml de viño branco de calidade
- 1200 ml de fumet
- Pirixel fresco
- Sal
Elaboración paso a paso
- Lavado das ameixas: Somerxe as ameixas nun bol con sal gordo (50 g de sal por cada litro de auga utilizado) e cambia a auga polo menos un par de veces. Durante este proceso a ameixa soltará a area, polo tanto, cada vez que cambies a auga, recolle primeiro as ameixas coas mans para unha fonte e tira a auga xa que terá a area no fondo. Garda o bol coas ameixas na neveira.
- Quenta o aceite nunha pota ou nunha tixola e engade a cebola e os dentes de allo picadiños ben miúdos. Engade sal e deixa refogar ata que teñan unha cor transparente.
- Abre un oco no centro da cacerola separando a cebola para os lados e agrega o viño, deixa evaporar, engade a fariña, remexe ata que se torre un pouco e perda o sabor a fariña; engade a salsa de tomate, o pemento doce e o fumet e mestura ben.
- Agrega o chile, salpica con sal, tapa a pota e deixa cocer a lume medio-baixo durante 10 minutos.
- Retira o chile.
- Se decides triturar a salsa podes meter na pota o brazo do batedor e triturar; deseguido, comproba a textura da salsa e se a notas moi espesa podes engadir un pouco máis de caldo de peixe ou de auga.
- Rectificar de sal e deixar cocer entre 4 e 5 minutos máis.
- Mentres, coce as ameixas nun par de vasos de auga. Cando empecen a ferver e se abran, estarán listas. Iso ocorrerá nun par de minutos despos de que empecen a ferver. As ameixas que durante este proceso permanezan pechadas, non serven e hai que tiralas. Escorre o caldo da cocción das ameixas, pásao por un coador e reserva.
- Engade as ameixas, sansanica a pota para que se enchoupen ben da salsa. Tapa a cacerola e agarda 2-3 minutos para que se impregnen ben da salsa e adquiran todo o seu sabor. Se a salsa precisa máis líquido, engádelle auga da cocción das ameixas.
- Rega cun fino fío de aceite de oliva virxe extra. (opcional)
- Esparexe con pirixel picado e serve quente.