Gadis Recetas

receita

Hai unha receita para cada momento e en Gadis queremos compartilas todas contigo.

quiche vegetal extra verde 12

Quiche de vexetais extra verde

Esta quiche de verduras extras verde fai honra ao seu nome desde o primeiro bocado: unha receita na que as hortalizas non só son protagonistas, senón tamén a base mesma do prato. En lugar da clásica masa crebada, a pataca convértese no soporte perfecto, achegando unha textura suave e un toque diferente que realza aínda máis o conxunto.
Ao incorporar os tradicionais ovos batidos, enriquecidos nesta ocasión con dous tipos de queixo, logramos unha preparación saborosa, equilibrada e moi versátil. É unha opción ideal para introducir (case sen esforzo) unha boa cantidade de verduras no menú, mesmo para quen adoita mostrarse algo reticentes a desfrutalas.
Etiqueta/s:quiche, saudable, sen glute, sinxela, verduras
Imprimir receita
Tempo de preparación10 minutes
Tempo de cocción30 minutes
Tempo total40 minutes
Prato Prato principal
Cociña Saudable
Racións 6 persoas

Equipamento

  • 1 Molde desmontable
  • 1 Forno ou Airfryer

Ingredientes
  

  • 18 Pataquiñas gornición
  • 100 g espincas frescas
  • 5 champiñóns laminados
  • 1 tallo brócoli
  • 150 g chícharos
  • 5 Ovos campeiros
  • 200 g queixo de untar
  • 80 g queixo Grana Padano
  • Aceite virxe, sal e pementa

Elaboración paso a paso
 

  • Cocemos nunha tarteira con auga, ou no micro, unhas 18 pataquiñas de gornición. Eu utilizo sempre o micro. Tárdanse só 9 minutos en telas moi brandiñas, están máis saborosas e absorben  menos auga.
  • As patacas cocémolas ben lavadas e con pel, de forma que conserven todo o potasio da monda.
  • Cando aínda estean ben quentes, esmagámolas cun vaso groso ou cun prensaverduras. Hai que esmagalas o máis que poidamos para que non queden moi grosas  pero evitando que rompan en anacos.
  • Coas patacas xa esmagadas, imos cubrindo o fondo e as paredes dun molde de forno desmontable. Salpementamos.
  • Regamos as patacas con spray de aceite e metemos no forno 10 minutos a 200º.Unha vez que retiramos do forno as patacas, colocamos sobre elas unha capa de espinacas frescas.
  • Enriba poñemos 5 ou 6 champiñóns Portobelo laminados de forma que cubran ben  toda a base. Sobre os champiñóns, imos colocando, en círculos e de fóra cara a dentro, flores de brócoli cortadas en anacos algo máis pequenos.
  • Terminamos  esparexendo os chícharos sobre todas as verduras.Xa só nos queda bater 5 ou 6 ovos grandes con 200 g de queixo de untar e uns 80 grs de queixo Grana Padano relado. Salpementamos a gusto, porque as verduras non levan nada de sal. Vertemos a mestura de ovos e os seus qyeuxis sibre a quiche e esparexemos unha capa fina de queixo relado sobre as verduras para evitar que se queimen.
  • Introducimos no forno a 190º durante unha media hora. Se vemos que se torra demasiado pero o ovo aínda non callou, tapamos a quiche con papel de aluminio.

VOLVER