Gadis Recetas

receita

Hai unha receita para cada momento e en Gadis queremos compartilas todas contigo.

editada dsc09853 portada

Ensalada con queixo de cabra na prancha e pexego

Esta ensalada con queixo de cabra á prancha e pexego é pura frescura en cada bocado. A dozura do pexego combina de marabilla coa cremosidad do queixo de cabra dourado á prancha, creando un contraste sinxelo pero irresistible. Colorida, lixeira e fácil de preparar, é unha receita ideal para gozar no verán ou para darlle un toque especial a calquera comida con amigos ou familia.
Etiqueta/s:Cea rápida, Ensalada, fresca, Sen forno, sinxela, vegetariana
Imprimir receita
Tempo de preparación15 minutes
Tempo total15 minutes
Prato Ensalada
Cociña Mediterránea
Racións 4 persoas

Equipamento

  • 1 Fonte ampla
  • 1 Tixola
  • 1 Coitelo

Ingredientes
  

  • 150 g mestura de leitugas
  • 80 g millo doce
  • 30 g noces en anacos
  • 90 g cebola caramelizada
  • 5 Espárragos cortados en anacos
  • 1 Pexego en almibre cortado en dentes
  • 8 rodas queixo de cabra
  • AOVE ao gusto
  • Crema de vinagre balsámico de frambosa
  • Sal ao gusto

Elaboración paso a paso
 

  • Nunha fonte ampla, poñemos unha base coa mestura de leitugas.
  • Engadimos o millo, as noces cortadas en anacos, os espárragos e a cebola caramelizada.
  • Agregamos o pexego cortado en dentes.
  • Cortamos o rulo de cabra en rodas grosas e pasámolas pola tixola cunhas gotas de aceite.
  • Colocamos o queiixo de cabra enriba da ensalada.
  • Engadimos sal, aceite de oliva e un chorriño de crema de vinagre balsámico de framboesa.

VOLVER