Gadis Recetas

receita

Hai unha receita para cada momento e en Gadis queremos compartilas todas contigo.

pulpo con patatas revolconas 6

Polbo con patacas revolconas

Se che apetece gozar dun prato saboroso sen complicarche a vida na cociña, este polbo con patacas revolconas exprés é xusto o que necesitas. Tan delicioso como rápido de preparar, combina o mellor da cociña tradicional coa comodidade dos tempos modernos. Grazas ao uso do microondas e a un polbo xa cocido no seu propio mollo, terás un resultado espectacular en poucos minutos. Ideal para unha comida vistosa sen esforzo.
Etiqueta/s:Fácil, Galega, Polbo, Rápido
Imprimir receita
Tempo de preparación5 minutes
Tempo de cocción10 minutes
Tempo total15 minutes
Prato Prato principal
Cociña Galega
Racións 2 persoas

Equipamento

  • 1 Estoxo de silicona para micro ou un recipiente adecuado para cociñar en microondas
  • 1 Tixola

Ingredientes
  

  • 250 grs Polbo Rías Galegas cocido no seu líquido
  • 2 Patacas medianas
  • 1 cda de pemento doce
  • 100 ml aceite de oliva virxe
  • 1 cda vinagre de xerez
  • 1 cdta pemento picante
  • 3 dentes de allo
  • sal en escamas ao gusto

Elaboración paso a paso
 

Cocción patacas exprés

  • Cocemos as 2 patacas con pel no micro durante 5 minutos. Para iso utilizamos un estoxo de silicona no que as introduciremos lavadas e ben molladas, ou, unha vez lavadas, picámolas en envolvémolas en papel de cociña húmido

Allada

  • Nunha tixola engadimos o aceite de oliva virxe e confitamos nel os allos moi picadiños. Cando estan douradiños,engadimos o pemento doce, remexemos ben e, despois, engadimos o vinagre. Retiramos do lume e reservamos.

Polbo

  • Abrimos o envoltorio do polbo e gardamos por separado líquido e patas.

Patatas revolconas

  • Engadímoslles ás patacas cocidas e peladas esa allada e tamén a auga do polbo previamente quentada no micro. Esmagamos cun prensaverduras ou pasapurés.

Montaxe do prato

  • Na tixola e no resto de aceite sobrante, torramos un pouco o polbo por todos os lados para que, ademais, colla temperatura.
  • Empratamos facendo unha cama coas patacas e poñendo sobre ela o polbo torrado.
  • Vertemos o aceite sobrante de dourar o polbo e salgamos ao noso gusto con sal en escamas.
  • Decoramos esparexendo pemento picante por enriba.

VOLVER