Se che apetece gozar dun prato saboroso sen complicarche a vida na cociña, este polbo con patacas revolconas exprés é xusto o que necesitas. Tan delicioso como rápido de preparar, combina o mellor da cociña tradicional coa comodidade dos tempos modernos. Grazas ao uso do microondas e a un polbo xa cocido no seu propio mollo, terás un resultado espectacular en poucos minutos. Ideal para unha comida vistosa sen esforzo.
1 Estoxo de silicona para micro ou un recipiente adecuado para cociñar en microondas
1 Tixola
Ingredientes
250grsPolbo Rías Galegas cocido no seu líquido
2Patacas medianas
1cdade pemento doce
100mlaceite de oliva virxe
1cdavinagre de xerez
1cdtapemento picante
3dentes de allo
sal en escamas ao gusto
Elaboración paso a paso
Cocción patacas exprés
Cocemos as 2 patacas con pel no micro durante 5 minutos. Para iso utilizamos un estoxo de silicona no que as introduciremos lavadas e ben molladas, ou, unha vez lavadas, picámolas en envolvémolas en papel de cociña húmido
Allada
Nunha tixola engadimos o aceite de oliva virxe e confitamos nel os allos moi picadiños. Cando estan douradiños,engadimos o pemento doce, remexemos ben e, despois, engadimos o vinagre. Retiramos do lume e reservamos.
Polbo
Abrimos o envoltorio do polbo e gardamos por separado líquido e patas.
Patatas revolconas
Engadímoslles ás patacas cocidas e peladas esa allada e tamén a auga do polbo previamente quentada no micro. Esmagamos cun prensaverduras ou pasapurés.
Montaxe do prato
Na tixola e no resto de aceite sobrante, torramos un pouco o polbo por todos os lados para que, ademais, colla temperatura.
Empratamos facendo unha cama coas patacas e poñendo sobre ela o polbo torrado.
Vertemos o aceite sobrante de dourar o polbo e salgamos ao noso gusto con sal en escamas.