Estás a ver Gadis para

Icono Flecha Marrón Dirección IzquierdaVolver ás novas

UN ANO MÁIS, SUMÁMONOS Á LA GRAN RECOGIDA

10 NOVEMBRO, 2026

Imagen Noticia UN ANO MÁIS, SUMÁMONOS Á LA GRAN RECOGIDA

Unímonos un ano máis á campaña La Gran Recogida que leva a cabo a Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL) en todo o territorio nacional. É a 12ª edición consecutiva que nos sumamos a esta iniciativa, que ten como obxectivo mellorar a situación de familias desfavorecidas da contorna máis próxima.

As formas de achegar un gran de area a esta causa social son dúas: facer unha achega económica ao pasar por caixa ou tamén doar alimentos non perecedoiros e produtos de hixiene nos espazos sinalizados para este fin nos establecementos de Galicia, Ávila, Ponferrada e Zamora.

La Gran Recogida empezará en Gadis este venres, 13 de novembro, e estenderase ata o 21. En total, pódese colaborar durante nove días nos 225 puntos de venda que temos repartidos en Galicia e Castela e León.

Agradecemos de antemán a solidariedade dos clientes coas accións de carácter solidario que poñemos en marcha, especialmente con esta campaña. Tamén a implicación dos voluntarios, cuxa presenza nos puntos de venda é fundamental para o éxito de la mesma.

Compromiso coa comunidade local

O compromiso coa comunidade está recollido no noso programa de Responsabilidade Social Corporativa, e é un dos principios que rexe a colaboración con La Gran Recogida. A recadación irá destinada a paliar as necesidades básicas dos bancos de alimentos cos que colaboramos de forma habitual: Banco de Alimentos Provincia da Coruña, Ourense, Lugo, Vigo, León, Ponferrada, Ávila, Zamora, Valladolid, Salamanca e Segovia.

Máis de 812.000 quilos de produtos e máis de 430.000€, grazas á solidariedade dos nosos clientes, é a axuda que recadamos nos últimos catro anos e que canalizamos a través desta rede de apoio local ás organizacións do terceiro sector para que poidan continuar desenvolvendo o seu importante labor en favor de toda a sociedade.

OUTRAS NOVAS

Imagen Noticia REPARTIMOS MÁIS DE 73.400 QUILOS DE PRODUCTOS ENTRE 85 PROTECTORAS DE ANIMAIS

REPARTIMOS MÁIS DE 73.400 QUILOS DE PRODUCTOS ENTRE 85...

REPARTIMOS MÁIS DE 73.400 QUILOS DE PRODUCTOS ENTRE 85 PROTECTORAS DE ANIMAIS

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia ABRIMOS NA PLAZA DE LOS VADILLOS O GADIS Nº 17 DA CIDADE DE VALLADOLID

ABRIMOS NA PLAZA DE LOS VADILLOS O GADIS Nº 17 DA CIDA...

ABRIMOS NA PLAZA DE LOS VADILLOS O GADIS Nº 17 DA CIDADE DE VALLADOLID

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS SEUS CLIENTES

GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS ...

GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS SEUS CLIENTES

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha