REPARTIMOS MÁIS DE 73.400 QUILOS DE PRODUCTOS ENTRE 85 PROTECTORAS DE ANIMAIS
6 NOVEMBRO, 2026
Pechamos a 8ª campaña Alimenta la Amistad con máis de 73.400 quilos de produtos de alimentación e hixiene doadas polos nosos clientes. Unha axuda que chegará de forma directa a 85 protectoras de animais de Galicia e Castela e León para que poidan seguir atendendo as necesidades de cans e gatos abandonados.
Queremos destacar, un ano máis, a mobilización dos nosos clientes con esta causa, que se desenvolveu entre o 1 e o 15 do pasado mes de outubro en 205 puntos de venda. Unha solidariedade que tamén se traduce na entrega de máis de 17.500 euros, entre a recadación obtida nos establecementos e a nosa propia achega.
Agradecemos a colaboración dos voluntarios nos puntos de venda, cuxo papel foi clave para un balance tan positivo. Os refuxios e protectoras que recibirán a axuda están situadas en diferentes municipios das provincias da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra; e Ávila, León, Salamanca, Segovia, Palencia, Valladolid e Zamora.
Compromiso co benestar animal
O programa de Responsabilidade Social Corporativa de Gadis recolle o noso compromiso co benestar animal e o apoio á creación dunha rede local de axuda a través de Alimenta la Amistad.
Con estas oito edicións, o programa xa suma preto de 550.000 quilos de produtos destinados a coidar das mascotas.
OUTRAS NOVAS
ABRIMOS NA PLAZA DE LOS VADILLOS O GADIS Nº 17 DA CIDA...
ABRIMOS NA PLAZA DE LOS VADILLOS O GADIS Nº 17 DA CIDADE DE VALLADOLID
GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS ...
GADIS REPARTE 12.000 LIBROS DE MICRORRELATOS ENTRE OS SEUS CLIENTES
O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER...
O PROGRAMA ALIMENTES VOLVE AOS COLEXIOS PARA PROMOVER A ALIMENTACIÓN SAUDABLE