ALCANZAMOS OS 50 SUPERMERCADOS EN CASTELA E LEÓN CUNHA APERTURA EN SALAMANCA
12 NOVEMBRO, 2026
Abrimos o noso sétimo supermercado en Salamanca, o número 50 en Castela e León. Unha apertura que leva consigo a contratación de 32 profesionais para dar o mellor servizo á clientela do establecemento da estrada de Ledesma, 65-69, na capital salmantina.
No que vai de ano, só nesta comunidade, inauguramos dous supermercados Gadis na provincia de León e outro en Valladolid, cidade na que tamén reformamos un punto de venda. Un crecemento que implica a incorporación de novo persoal a un cadro que, na actualidade, supera as 2.000 persoas.
A maior variedade do mercado O establecemento que estreamos en Salamanca dispón de máis de 1.000 metros cadrados de superficie total, nos que ofrecemos preto de 10.000 referencias, cos mellores produtos frescos e de proximidade, de marcas líderes, da marca propia IFA e numerosos artigos veganos, ecolóxicos, sen glute e a granel. Máxima variedade para dar total liberdade de elección.
En liña coa nosa filosofía, priorizamos o produto fresco a través das seccións de peixaría, carnicería, chacinaría, froitaría e panadaría, que ocupan espazos salientables no establecemento. Este modelo promove, ademais, a economía sostible ao forxar relacións estables con preto de 1.000 provedores locais.
Como un dos maiores compradores nas lonxas e portos galegos, combinamos esta orixe de proximidade cunha loxística eficiente, que permite trasladar o peixe e o marisco fresco aos puntos de venda en menos de 24 horas.
A sustentabilidade medioambiental e a eficiencia enerxética guiaron o deseño e a construción do supermercado, cuxo interior se caracteriza pola comodidade e a completa accesibilidade para a clientela, que pode facer a súa compra de 9:30 a 21:00 horas, de luns a sábado, ou tamén en www.gadisline.com.
OUTRAS NOVAS
REPARTIMOS MÁIS DE 73.400 QUILOS DE PRODUCTOS ENTRE 85...
REPARTIMOS MÁIS DE 73.400 QUILOS DE PRODUCTOS ENTRE 85 PROTECTORAS DE ANIMAIS
ABRIMOS NA PLAZA DE LOS VADILLOS O GADIS Nº 17 DA CIDA...
ABRIMOS NA PLAZA DE LOS VADILLOS O GADIS Nº 17 DA CIDADE DE VALLADOLID