Volta ao cole responsable

Na volta ao cole deste curso, a palabra responsabilidade parece adquirir unha nova dimensión. Á ilusión que acompaña os preparativos do inicio, engadiuse a concienciación sobre as novas normas que adoptaron as escolas fronte á COVID-19. Este é un compoñente crucial da volta ao cole e desde Gadis queremos expor tamén outros aspectos importantes que se han de ter en conta á hora de falar dunha volta ao cole responsable.

Responsabilidade para un curso particular

É comprensible que esta volta ao cole estea tinguida de moitos cambios e emocións, máis este ano, pero os nenos e as nenas estarán contentos de recuperar a súa actividade e a súa nova normalidade. Seguramente, eles sintan máis ilusión e medo polo reencontro que, en anos anteriores, é normal! Volver ao colexio sempre é un cóctel de sentimentos.

Unha boa maneira de sumarte a esa expectación e que se tranquilicen pode ser recuperar os hábitos dos preparativos previos. Fala con eles e elas de todo aquilo que se adoita facer ante o inminente retorno ás aulas e que lles produce emoción: preparación de roupa, calzado, libros e material. Iso si, non perdas de vista a responsabilidade! Para iso, bota man destas catro R’ s: reducir, reutilizar, reparar e reciclar.

  • Antes de realizar ningunha compra, revisa cales son as necesidades reais para o novo curso escolar. É probable que se poida reutilizar a mochila ou o estoxo do ano anterior, e mesmo parte da roupa ou algún caderno. Tamén podes botar man de familia e amigos para aproveitar roupa e material que xa non utilicen. Renova só aquilo que sexa necesario, reducindo o consumo innecesario.

  • A emerxencia climática obríganos a ser máis conscientes da importancia de coidar as pertenzas e é unha maneira sinxela de que os máis pequenos vaian aprendendo e asumindo as súas responsabilidades no coidado do planeta. Se algo se estraga, antes de substituílo, trata de reparalo con eles e elas. Encantaralles e gozarán durante o proceso de reparación e mentres o usen.
  • Se xa non se pode utilizar, entón tocará reciclar. Asegúrate de depositar os residuos no contedor adecuado.
  • Fai as túas compras máis sostibles apostando por criterios de proximidade, de respecto polo medio ambiente e pola xustiza social. Non esquezas revisar que artigos inclúen a marcado CE que garante o cumprimento dos requisitos de fabricación e de seguridade esixidos pola Unión Europea!

O “kit covid” responsable

Sen dúbida, esta será unha volta ao cole atípica para os teus fillos e fillas, non só polos novos protocolos que adoptan os colexios, senón tamén polos últimos meses afastados das aulas. Non che parece que atopar un momento para poder manter unha charla tranquila e que poidan expoñer as súas expectativas e as súas preocupacións podería axudarvos a todos? Coñecer os seus sentimentos permitirache atopar o modo de proporcionarlles a información dunha maneira máis empática. A forma de relacionarse cos seus compañeiros e co persoal do centro será distinta e é importante asumilo con naturalidade e comprender os motivos. Desde a calma e a tranquilidade debémoslles explicar que neste novo curso debemos ter presente a saúde de todos.

Este ano en cada mochila haberá un oco moi especial para o “kit covid”: máscaras, bolsiña ou funda para gardalas, xel hidroalcohólico e panos de papel. O uso de máscara é obrigatorio a partir dos 6 anos. Existen diferentes tipos de máscaras das que che falamos a continuación, para que elixas con información:

Máscaras cirúrxicas, normalmente son de cor azul e con tres capas. Están fabricadas con materiais plásticos dun só uso. Estes materiais en España non se reciclan, deposítanse no contedor resto. Estas máscaras teñen unha duración máxima de catro horas, polo que, necesitarán polo menos dúas máscaras diarias para as horas do cole.

Máscaras hixiénicas, son as recomendadas de forma xeral polo Ministerio de Consumo, “nenos e nenas sans a partir de 3 anos deben usar máscaras hixiénicas acordes a cada rango de idade”. Hainas reutilizables e non reutilizables, pero todas elas deben cumprir a norma UNE 0065:2020. A maioría dos protocolos asumen que os alumnos e alumnas levarán unha máscara hixiénica e, no caso de que se observe algún síntoma no colexio, poñeráselles unha máscara cirúrxica. Por tanto, se o centro dos teus fillos e fillas permíteo, quizá poidas apostar por unha opción máis sostible: máscaras hixiénicas reutilizables para os seus kits. Só tes que asegurarte de que cumpran a norma europea e seguir as instrucións para o seu uso e lavado. Deste xeito, e aínda que tampouco se reciclen ao esgotar o número de lavados recomendado polo fabricante, reducirás notablemente os residuos que xeran e o impacto ambiental. Así mesmo, é importante que os teus fillos e fillas saiban como e onde deben depositar as máscaras cando teñan que refugalas.

No que respecta ao xel hidroalcohólico, é probable que teñas que recorrer a recipientes pequenos dun só uso para non sobrecargar as súas mochilas, pero podes optar por rechealos. Tamén é importante ter en conta que, sempre que sexa posible, priorizar o lavado de mans con auga e xabón.

Unha vez que estea todo listo, toca gozar da volta ao cole. A túa actitude marcará a forma coa que eles e elas afronten este novo curso. Se é posible, ide andando ou recorrede á bicicleta ou o patinete para ir ao cole. É unha boa oportunidade de facer un pouco de exercicio xuntos antes de comezar a xornada! Ademais de ser súper divertido.

Feliz comezo de curso!

Deja un comentario