Vacacions na montaña

Tendemos a visualizarnos nunha hamaca nalgunha praia. Con todo, o verán é un marabilloso momento para escapar cara a montaña. As montañas son un fantástico refuxio para as altas temperaturas. Bosques e ríos espérannos para facer as delicias destes meses. Animádesvos?

Familias montañeiras

Unhas vacacións na montaña son unha perfecta alternativa ás  masificadas praias.
Planificar unhas vacacións na serra son unha fantástica oportunidade para coñecer vilas, paraxes naturais e fauna local. As opcións de cámping ou casas rurais axudarannos a sentirnos con maior conexión coa natureza. O silencio, os frondosos bosques e as xélidas augas, unha bendición para estas datas.
Tanto maiores como pequenos gozan da montaña. Rutas de sendeirismo, en bicicleta,  a cabalo   son algunhas opcións. A práctica de deportes de aventura como o kaiak, o descenso de ríos, escalada ou mesmo o parapete. Os pratos tradicionais con produtos frescos e de tempada. non vos está tardando xa a data para marcharvos? Pois a continuación dámosvos algunhas ideas para Galicia e Castela e León.

Vacacións no interior de Galicia

Xa sabemos que a costa é unha marabilla, pero o interior de Lugo e Ourense, non deixarán a ninguén indiferente.

Se o que buscas é unha mestura de vertixinosas vistas, deliciosos viños e mosteiros escondidos, esta é a túa viaxe. Desde o miradoiro do duque de Monforte de Lemos poderás apreciar as terrazas de cultivo da uva. Percorrer o río en catamarán ou en kaiak nunha experiencia inesquecible. Como tamén o é visitar unha adega do marabilloso Amandi. Os mosteiros de Santo Estevo e Santa Cristina espéranvos para a ruta cultural. Non te esquezas da cantidade de zonas de baño que hai por todo o canón.

Zona da maior reserva verde de Galicia. Rica en fauna autóctona difícil de atopar noutros lados. Lobos,  pitas de monte, raposos, xabarís corzos e ata osos  pardos! É zona de especial protección destes xigantes. A serra do Courel está parada no tempo. Ofrece rutas impresionantes en frondosos bosques na Galicia máis profunda. Aldeas de incalculable beleza e xoias arquitectónicas como o Mosteiro de Samos ou as impresionantes Pallozas de O Cebreiro.

Cabeza de Manzaneda é coñecida por ser a única estación de esquí galega, pero seica deixa de existir no verán? A resposta, obviamente, é NON. E, de feito, moitas persoas dirán que aínda mellora.  Trevinca é destino certificado “Starlight” que o avala como turismo astronómico. Se queres alucinar cos millóns de estrelas, non busques máis. Outro “ imperdible” da zona é o  Val do río  Navea. Vexetación e auga a lume de biqueira para  alucinar coa súa beleza e frescor para estes meses.

Verán en Castela e León

En Castela atópanse paraxes de ensoño. Se che apatece probar algo distinto, toma boa nota destas opcións.

Unha paraxe peculiar e irrepetible na península, con escavacións arqueolóxicas e herdanza mineira romana. Aquí podedes facer rutas culturais, ben por libre ben en circuíto. Non vos perdades un amencer ou atardecer nalgún dos seus miradoiros. Para as horas de máis calor tedes o Lago Carrucedo. É un espazo natural protexido no cal ademais de praia fluvial atoparedes unha reserva ornitolóxica.

Nada contra a calor como unha serra que permanece con neve todo o ano. Aínda que sexa nas partes máis altas axuda a que os ríos e lagoas estean desbordantes. Actividades de pura natureza e montaña é o que podes esperar nesta contorna. Propoñémosvos a Lagoa dos Cabaleiros, é unha ruta algo dura, pero que ben merece a pena. Arroios, pozas e cabras acompañaranvos nela.

Este parque natural compartido entre Segovia e Madrid ten na súa vertente castelán-leonesa xoias descoñecidas. Ermidas como as do Santo Cristo de  Caloco ou San Antonio do Cerro ben merecen unha visita. Los Ángeles de San Rafael é unha zona de recreo e lecer con especialidade nos deportes acuáticos e o golf. Se buscas algo máis rural, o Chorro de  Navafría é o teu lugar, praia fluvial e rutas incluídas.

Animádesvos a cambiar a praia pola montaña este ano? 

Deja un comentario