Propiedades e beneficios da alga nori

Aínda que seguen a ser unha gran novidade, a verdade é que cada vez máis persoas amosan o seu interese nas algas e engádenas nas súas receitas. Unha das máis utilizadas é, sen dúbida, a alga nori e como seguramente escoitarías moito sobre ela, hoxe vamos a resolver as túas dúbidas explicándoche as propiedades da alga nori, así como os seus beneficios.

España aínda está moi lonxe dos niveis de consumo de algas de Xapón, que é o país número 1 do mundo nese sentido. Sen embargo, as cantidades que inxerimos crecen ano a ano e agora xa podes engadilas sinxelamente á túa cociña tras facer a túa compra en Gadis.

As algas son plantas que contan exactamente co mesmo ciclo cas terrestres. A diferenza é o seu hábitat, que pode ser auga doce ou salgada. Hai variedades de algas que son máis coñecidas ca outras, coma, por exemplo, a espirulina, o fucus ou o kombu. Pero a alga nori é extremadamente interesante, especialmente polo seu aporte nutricional.

Propiedades da alga nori

Antes de analizar os seus beneficios, é interesantes coñecer exactamente as propiedades da alga nori, a través dos seus valores nutricionais. Son os seguintes (por cada 100 gramos):

117 kilocalorías.

43.1 carbohidratos.

29 gramos de proteínas.

0.3 gramos de graxas.

34 gramos de fibra.

0.3 gramos de sodio.

0.2 gramos de potasio.

0.03 gramos de calcio.

0.02 gramos de fósforo.

36 miligramos de vitamina A.

12 miligramos de vitamina C.

alga nori beneficios

Beneficios da alga nori

Un dos primeiros beneficios a destacar da alga nori é a súa efectividade en casos de hipotiroidismo. Non é unha solución única que cure o problema, pero o seu alto contido en iodo axuda a evitar o aumento da glándula tiroide ou a súa infección.

Esta alga tamén é coñecida por axudar a eliminar as graxas do sangue, evitando así niveis altos de colesterol. Isto débese ó seu alto contido en fibra, que move o colesterol ás feces. É rica en proteínas, vitaminas e minerais. Especialmente na C, aportando até un 10% da Cantidade Diaria Recomendada.

Deja un comentario