Conciliar con nenos e nenas este verán

Se os malabares coa conciliación no verán adoitan alcanzar o seu máximo apoxeo, este ano, probablemente, o asunto adquira unha nova dimensión. Despois das semanas de confinamento, nas que se puxeron de manifesto as dificultades das familias, o panorama estival tráenos novos retos. Aínda gozando da recén estrenada “nova normalidade”, o recurso dos e das avoas pode que non sexa a mellor opción nestas circunstancias. Por outra banda, a diminución de ofertas lúdicas e formativas como campamentos urbanos para o período vacacional agrava a conciliación. Coa presenza continua dos nenos e as nenas en casa, é necesario buscar estratexias para compatibilizar a vida familiar e profesional. En Gadis, sabemos que cada familia e cada neno e nena teñen necesidades específicas, pero hoxe queremos abordar os recursos cos que se conta para lograr a necesaria conciliación familiar este verán.

As claves da conciliación

A conciliación implica a participación equilibrada entre os dous membros da parella na vida familiar e no mercado de traballo, e depende dunha mesma, pero tamén de varios factores ou axentes sociais, que han de tomar decisións para lograr que se converta nunha realidade. É necesario atopar o equilibrio a través da implantación de medidas en tres ámbitos fundamentais: no ámbito persoal e familiar, no ámbito profesional e no ámbito político e legal. Trátase dunha responsabilidade conxunta na que se entende que a conciliación é para todas as partes e busca lograr unha sociedade máis igualitaria e sostible.

Tendo isto en conta, son moitos os elementos que entran en xogo á hora de conciliar: desde a corresponsabilidade nas tarefas domésticas ata a flexibilidade horaria, pasando polo establecemento de medidas que eliminen desigualdades os membros da parella no terreo laboral.

Recursos para conciliar en verán

As solucións de conciliación para o período estival sempre foron complicadas e este ano prevense similares. Seguramente, terás que facer malabares para compatibilizar tarefas cos teus fillos e fillas en casa. Con todo, queremos darlle a volta á situación e propoñerche que utilices todos os recursos que tes ao teu alcance para tratar de resolver as dificultades que se vaian presentando. Aquí che deixamos algúns recursos para conciliar con nenos e nenas no verán.

● Retos e actividades

Se, nos últimos anos, a oferta de actividades de verán dirixidas a nenos e nenas crecera de maneira exponencial e converteuse nun substituto perfecto para o colexio, este ano, este recurso verase limitado. Aínda que é certo que se están poñendo en marcha algunhas iniciativa, o seu aforo está moi restrinxido e pode ser máis complicado lograr unha praza. Se ese é o teu caso, podes tratar de trasladar o espírito desas propostas á túa casa. Podes planificar unha serie de actividades e retos que lles permitan seguir desenvolvendo destrezas e habilidades á vez que se divirten. A planificación de manualidades, actividades deportivas e trucos de maxia será a túa aliada. Será unha maneira de poder mantelos en casa baixo o teu coidado, pero coa posibilidade de compatibilizalo co teletraballo. En Gadis Saudable podes atopar fichas do noso programa ALIMENTES con xogos por idades, para que puedas facer con eles en casa.

● Rede de coidados

Coa crise do coronavirus dependemos menos dos grandes aliados da conciliación: os e as avoas. A incerteza do virus convida á precaución e moitas familias optaron por buscar outras alternativas. Pensaches en crear unha rede de coidados con persoas da túa contorna que teñen fillos e fillas de idades similares? Podedes establecer quendas en función das vosas necesidades e será unha maneira de que pasen tempo con outros nenos e nenas, mantendo certo control sobre os contactos. Desta forma estarán acompañados e gozando das merecidas vacacións.

● Alternancia de vacacións

Repartir as vacacións non é a solución ideal porque, ademais de requirir de moita organización, priva á familia de gozar dun tempo de descanso todos xuntos. É unha opción que ten que ser meditada, pero pode ser unha solución para que os teus fillos e fillas pasen tempo de calidade convosco de forma separada.

● Corresponsabilidade

Se os teus fillos e fillas non son demasiado pequenos, é un bo momento para propoñer actividades que transmitan outro tipo de valores que son clave no ámbito familiar. Na súa rutina diaria, podes incluír a colaboración nas tarefas domésticas. Será unha maneira de que aprendan a compartir a responsabilidade do funcionamento do fogar e permitirache delegar certas tarefas que lles servirán como pautas.

● Flexibilidade horaria e rutinas

É evidente que os ritmos son distintos no verán e, aínda que é certo que as rutinas son necesarias, é importante saber incluír certas adaptacións que flexibilicen os horarios e faciliten a convivencia. A clave reside en manter certo equilibrio, de maneira que poidan ter unha rutina que non ten que axustarse ao rigor dos horarios durante o curso. Por exemplo, se eles se levantan máis tarde, poderás aproveitar para traballar de maneira tranquila mentres dormen ou poderedes facer a comida máis tarde.

● Tempo en familia

Pese ao abafo que pode chegar a producir a situación, é importante non descoidar o tempo que se pasa en familia. O verán é a época do ano que ofrece maiores posibilidades para gozar todos xuntos. Trata de realizar actividades cos teus fillos despois do traballo, mostra interese polas súas preocupacións e acompáñaos nos seus xogos. Fomenta a comunicación e a proximidade de todos os membros da familia e busca plans que vos gusten a todos. Unha boa idea é facer plans consensuados durante a fin de semana. Este ano as escapadas de cámping á montaña poden ser unha fantástica opción para pasar tempo en familia e axudarán a relaxar o ambiente ao longo da semana.

É posible que este verán sexa excepcional, polo menos pola imposibilidade de realizar plans a longo prazo. Non deixes que a situación te supere e lembra que non é necesario que programes ata o último minuto do tempo dos teus fillos e fillas. Saber aburrirse tamén é importante. Espertará a súa creatividade. E ti? Xa sabes como vas conciliar este verán?

Deja un comentario