Beneficios e contraindicacións da batata

O sabor das batatas é similar ó das patacas, só que un pouco máis doce. Así que non é de estrañar que compartan un nome case idéntico. Cultívanse en países onde o sol está presente case todos os días do ano e estanse volvendo realmente populares. O motivo é que teñen un menor aporte calórico cas patacas. Pero, que beneficios ten o consumo da batata? Hai algunha contraindicación?

Beneficios da batata

A batata contén case todo o que precisamos para manternos saudables: proteínas, carotina, calcio, ferro e moitas vitaminas. É incluso un substituto dalgúns medicamentos e está recomendada para deportistas. Estes son algúns dos seus beneficios máis notables.

Melloran o metabolismo

As batatas son ricas en fibra, polo tanto, sacian máis rápido ca outros alimentos sen necesidade de comer en exceso.

Fan a pel máis saudable

A vitamina A da batata mellora a restauración e rexeneración das células da pel e a vitamina C promove a produción de coláxeno para manter a súa elasticidade.

Aumentan a enerxía

As batatas cargan o noso corpo con vitaminas útiles como o ferro, por exemplo. O ferro é esencial para a produción de enerxía, un mellor metabolismo e para manter todas as funcións dos órganos do corpo.

batata-cocinar-recetas

Diminúen a presión arterial e o nivel de colesterol

A fibra e as vitaminas B reducen o colesterol, fortalecen as paredes dos vasos sanguíneos e regulan a presión arterial. As batatas son un antioxidante natural, xa que son ricas en vitamina C. Esta verdura tamén elimina toxinas e regular o balance de auga no corpo.

Contraindicacións da batata

A batata só está contraindicada en pacientes que son hipersensibles ó seu consumo, aínda que é un dos alimentos menos alérxicos que se coñecen. As persoas que teñan un historial de cálculos renais tamén deben controlar o consumo de batata, xa que conteñen oxalato, o cal contribúe á formación destes.

Como ves, un produto con moitos beneficios e moi sinxelo de cociñar. Ademais, podes atopalo sinxelamente no teu supermercado Gadis de confianza.

Deja un comentario