3, 2, 1, ¡Alimentes!

Esta semana comeza Alimentes. O programa escolar baseado en hábitos de vida saudables e consumo responsable.

En que consiste o programa Alimentes?

Alimentes é un proxecto dirixido a escolares que desde Gadis levamos implementando uns 15 anos.
Contamos cuns materiais deseñados para contribuír á formación en hábitos saudables e responsables. Estes recursos didácticos están adaptados ao currículo formativo de Galicia e Castela e león. Por unha banda, existen dous manuais para o profesorado. Un máis sinxelo para infantil e outro máis completo para primaria. Por outra, catro fichas para realizar na aula para cada etapa educativas. 2º ciclo de educación infantil, 1º – 2º, 3º – 4º e 5º – 6º de primaria.
Para complementar este traballo escolar, ofrecemos visitas guiadas aos supermercados Gadis. Tamén adaptadas á idade, e coñecementos, dos e das visitantes. Estas visitas son levadas a cabo por educadores da saúde e/o medio ambente. Nelas, os e as alumnas, percorren as diferentes seccións recoñecendo as opcións máis saudables e sostibles.
Os materiais son enviados gratuitamente aos centros que participan con anterioridade ás visitas. Desta maneira asegurámonos sacar o maior partido aos contidos da mesma.

 

Quen pode participar no programa Alimentes?

As visitas desenvólvense en distintas cidades de Galicia e Castela e León. Concretamente, en A Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Vigo, Ourense, Valladolid, Salamanca e Ponferrada.
Poden participar tódolos centros escolares públicos, concertados e privados de 2ºciclo de educación infantil, primaria e/ou especial. Se pertences a unha comunidade escolar destas cidades, seguramente xa teñas recibido información sobre o programa. De non ser así, podes pedir máis información ou inscribirte premendo aquí.
Se es dalgunha cidade na que aínda non teñamos visitas, non te preocupes! Os materiais están a libre disposición na mesma páxina web. Podes descargar os manuais e as fichas e traballar na aula con eles ou ben solicitándoos na nosa web.

 

Que contidos se traballan en Alimentes?

 
Alimentes pivota sobre 4 eidos centrais:

  • Alimentación saudable. Unha alimentación saudable desde a infancia evita a malnutrición en tódalas súas formas. Prevé de enfermidades non transmisibles e
    aumenta a calidade da vida na adultez e vellez.

 

  • Actividade física. A outra gran parte para unha vida saudable. Axuda a manter unha estrutura ósea e unha musculatura forte, flexible e resistente de por vida. Os positivos efectos físicopsicosociais do movemento tamén se desfrutan na vida adulta.

 

  • Consumo responsable. É necesario satisfacer as nosas necesidades sen comprometer as necesidades futuras. Para iso, o consumidor ten un peso chave nas decisións de
    compra que toma. Ser conscientes dos impactos económicos, sociais e ambientais axúdanos a escoller mellor.

 

  • Desperdicio alimentario. Un dos maiores problemas do noso planeta. Non so desde a perspectiva ética senón tamén ambiental. A innecesaria sobrexplotación dos recursos
    que acaban no lixo. A maior porcentaxe de alimentos que se desbotan prodúcese nos fogares. Na nosa man está cambialo.

Existen máis contidos que os descargables en #GadisEscuela?

 
 
Neste 2018 iremos ampliando información, consellos, trucos e contidos a través neste apartado. O obxectivo é ofrecer un amplo abanico de recursos a nais, pais e docentes. Así, cada mes, publicaremos algunhas ideas para facer na aula ou para desenvolver na casa. Hoxe recomendámosvos pasar por a páxina da estratexia NAOS pertencente a AECOSAN, do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade. No apartado dirixido ao profesorado encontraredes contidos para afondar nunha alimentación e actividade física saudables.
Vémonos nos coles!

Deja un comentario