Receitas para fin de ano co Prato ALIMENTES

Fecha: Decembro 27, 2021

Ao final do ano, adoitamos facer un repaso dos últimos doce meses e buscamos un equilibrio nos propósitos que nos marcamos para os seguintes. Non che parece que é un bo momento para poñer en práctica o que aprendemos? En Gadis levamos tempo insistindo no compromiso coa sustentabilidade e os hábitos saudables, pero 2021 foi, sen dúbida, o ano do prato ALIMENTES. O menú saudable. Por iso, non atopamos mellor maneira de despedir este ano que sacarlle o máximo partido cunha proposta para o menú de Noitevella. Queres coñecer as receitas saudables que che suxerimos para antes de tomar as uvas? Aquí tes as nosas suxerencias!

Receitas para fin de ano co Prato ALIMENTES

Sabemos que son datas especiais nas que existen moitas tradicións, tamén na mesa. Pero iso non é obstáculo para que poidas seguir apostando polo consumo de proximidade e de tempada. Pódense introducir pequenas variacións nos pratos estrela da túa familia para logralo 😉. Todas as nosas propostas teñen en conta ese criterio, así como as recomendacións do prato ALIMENTES, de forma que o menú completo faga posible o equilibrio entre todos os grupos de alimentos sen renunciar ao sabor e ao doce.

Entrantes. Rolo vietnamita con salmón afumado, salsa de soia e mel

Ingredientes (8 persoas)
8 obleas de papel de arroz
6 liscos de salmón afumado
1 aguacate
1 mazá
1 cenoria grande
1 cogombro
1 leituga de carballo
Salsa de soia
Mel
Preparación
– Corta o salmón, a mazá, o cogombro, a cenoria e o aguacate en tiras.
– Pica a leituga á xuliana.
– Remolla as obleas de arroz ata que estean tenras. Estende as obleas con coidado sobre unha bandexa ou outra superficie e rechea cada oblea cos ingredientes ao teu gusto (ou o dos comensais). Enrola e pecha a oblea de maneira que quede como un paquetiño.
– Prepara a salsa nunha proporción de tres partes de salsa de soia e unha de mel. Adereza os rolos coa salsa.

Entrantes. Espetadas de lagostinos e mango


 
Ingredientes
1 mango
Langostinos
Sal
Aceite de oliva
Preparación
– Pela o mango e córtao en dadiños.
– Pela os langostinos.
– Prepara as espetadas alternando un lagostino co mango.
– Cociña durante 5 minutos a 200º.
Primer plato. Crema de apio con zanahoria
Ingredientes
8 ramas de apio
2 cenorias medianas
¼ cebola
2 dentes de allo
3 tazas de leite descremado
Aceite de oliva
Sal
Pementa
Preparación
– Lava as verduras. Pica o apio, as cenorias, a cebola e os allos.
– Sofrite todo en aceite quente ata que se poche a cebola.
– Pon todo nun vaso de batedora ou nunha pota e licúa ata lograr unha mestura homoxénea. Se non o fixeches xa nela, verte a mestura nunha cacerola e cociña ata que espese. Salpimenta ao gusto e terás a crema lista para servir.

Segundo plato. Solombo con timbal de verduras


Ingredientes
600 g solombo ibérico
2 cenorias
¼ cabaza (aprox. 300 g)
2 chalotas
3 dentes de allo
300 ml caldo de carne
50 ml vinagre balsámico
Aceite de oliva
300 ml leite evaporado
Sal
Tomiño
Loureiro
Preparación
– Prequenta o forno a 180º. Quenta o leite evaporado ata que chegue case a ferver.
– Pela e pica as chalotas.
– Pela e curta en láminas a cabaza e as cenorias. Colócaas en capas sobre unha bandexa de forno, rega co leite evaporado e engade o tomiño. Cociña no forno durante 45 minutos.
– Sela a carne nunha tixola e colócaa na bandexa do forno coas verduras para cociñar durante 15-20 minutos.
– Sofrite os dentes de allo picados coas chalotas. Engade loureiro, tomiño e o vinagre para desglasar. Engade o caldo e deixa cocer ata que quede unha salsa.
– Serve a carne cortada en medallóns coas verduras e a salsa.

Postre. Peras fervidas con canela e esencia de vainilla


Ingredientes (8 persoas)
8 peras
4 vainas de vainilla (podes usar tamén vainilla líquida)
4 paliños de canela
500 ml auga
Preparación
– Lava e pela as peras.
– Pon a quentar unha pota con medio litro de auga, a canela e a vainilla. Unha vez que ferva, engade as peras. Cociña durante 20 minutos.
– Apaga o fogo e retira as peras con cuidado. Poden servirse tépedas ou frías.
– Sérveas en pratos cun pouco de canela moída espolvoreada.

Antes das uvas. Sorbete de mandarina.

Ingredientes (8 persoas)
2 limóns
800 g madarinas
300 g dátiles
Preparación
– Pela as mandarinas tentando que queden o máis limpas posible de todo o branco. Conxélaas partidas en cuarteiróns polo menos durante 6 horas . Podes conxelalas xa mesturadas cos dátiles.
– Unha vez conxeladas, trituras todos os ingredientes coa batedora. É recomendable servilo ao momento para que conserve o frescor e a textura xeada.
– Se queres brindar, podes engadirlle un pouco de cava e batelo ben de novo con baleas (mellor a man) para que non se disolva e perda firmeza.

Que che parece o menú? Vas despedir o ano co prato ALIMENTES? Fai que o teu menú sexa sostible evitando o desperdicio alimentario. Conxela ou comparte cos teus comensais as sobras. Desexámosche unha boa saída de ano e un 2022 saboroso e saudable. Feliz aninovo!