Engade ao bol da amasadora, a fariña, o azucre,o fermento, o sal, o leite, o ovo e a masa nai (se a usas) e amasa ata obter unhamasa ben homoxénea.
Coa amasadora a velocidade alta e en funcionamento engadir a manteiga pouco a pouco ata que se absorba totalmente.
Envorcar a masa na encimeira, bolear, gardar nunbol, cubrir e deixar fermentar ata que duplique o seu tamaño.
Unha vez fermentada a masa, desgasificar edividir en anacos duns 50 g cada un, bolear formando os boliños, dispoñelossobre a bandexa e deixar fermentar por segunda vez (uns 40 minutos).
Finalizada a segunda fermentación, pintar con ovo batido, esparexer améndoa laminada e, se se quere, tamén un pouco de azucre.
Meter no forno prequentado a 190 ºC, calor abaixo e arriba uns 17 minutos.
Finalizada a cocción, pasar a unha reixa, deixar arrefriar, esparexer con azucre glas e a desfrutar.