Gadis Recetas

receita

Hai unha receita para cada momento e en Gadis queremos compartilas todas contigo.

brioches

Brioches estilo venecianos

Hai receitas que, desde o primeiro momento, prometen un resultado especial, e estes brioches estilo venecianos son unha delas. Suaves, lixeiros e cunha migalla tan tenra que parece unha nube, son deses bolos que conquistan desde o primeiro bocado e que convidan a repetir sen pensalo dúas veces.
Autor/a: Frabisa
Etiqueta/s:doce
Imprimir receita
Tempo de preparación30 minutes
Tempo de cocción17 minutes
Tiempo de fermentación2 hours 10 minutes
Tempo total2 hours 57 minutes
Prato Almorzo, Merenda, Sobremesa
Cociña Repostería
Racións 14 boliños

Equipamento

  • 1 Amasadora
  • 1 Bol
  • 1 Forno
  • 1 Bandexa para o forno

Ingredientes
  

  • 300 g de fariña de forza
  • 100 ml de leite morno
  • 50 g de azucre
  • 1 cdña de vainilla
  • Sal
  • 1 Ovo M
  • 80 g de manteiga fría

CON MASA NAI engadirémoslle á MASA PRINCIPAL o seguinte:

  • 60 g de MASA NAI ben activa
  • 6 g de fermento fresco de panadería ou 2 g de fermento seco

CON MASA NAI engadirémoslle á MASA PRINCIPAL o seguinte:

  • 12 g de fermento fresco de panadería ou 4 g de fermento seco

Para la terminación:

  • 20 g de améndoa laminada
  • Azucre perlado
  • Azucre glas

Elaboración paso a paso
 

  • Engade ao bol da amasadora, a fariña, o azucre,o fermento, o sal, o leite, o ovo e a masa nai (se a usas) e amasa ata obter unhamasa ben homoxénea.
  • Coa amasadora a velocidade alta e en funcionamento engadir a manteiga pouco a pouco ata que se absorba totalmente.
  • Envorcar a masa na encimeira, bolear, gardar nunbol, cubrir e deixar fermentar ata que duplique o seu tamaño.
  • Unha vez fermentada a masa, desgasificar edividir en anacos duns 50 g cada un, bolear formando os boliños, dispoñelossobre a bandexa e deixar fermentar por segunda vez (uns 40 minutos).
  • Finalizada a segunda fermentación, pintar con ovo batido, esparexer améndoa laminada e, se se quere, tamén un pouco de azucre.
  • Meter no forno prequentado a 190 ºC, calor abaixo e arriba uns 17 minutos.
  • Finalizada a cocción, pasar a unha reixa, deixar arrefriar, esparexer con azucre glas e a desfrutar.

VOLVER