Especias varias ao gusto:pemento doce, allo en po, aceite oliva...
1 cullerada sopeirade salsa soia
200mltomate triturado
100gqueixo vegano
Elaboración paso a paso
Patacas guisadas con fabas frescas
Refoga media cebola ben picadiña e engade as patacas e mais as fabas escorridas, cunha culleradiña de maicena. Mestura e engade o caldo de verdruas. Deixa que se cociñe todo xunto 2-3 minutos ata que espese.
Chícharos con seitán
Refoga ¼ de cebola e de seitán picado en cadradiños; engade unha culleradiña de pemento doce afumado, un chisco de sal e salsa de soia. Mestura ben e engade os chícharos escorridos, mestura de novo e sirve.
Cazola de tofu con cogomelos
Refoga ¼ de cebola cun paquete de tofu esmigallar coas mans. Cando empeza a dourarse, engade os cogomelos escorridos, 200 ml de tomate triturado e mestura ben. Pasa a unha fonte apta para microondas e cubre con queixo vegano. Cociña 2 minutos a máxima potencia.