Gadis Recetas

receita

Hai unha receita para cada momento e en Gadis queremos compartilas todas contigo.

foto portada

Torta sen glute tipo Oreo

Cada vez é máis fácil gozar de sobremesas deliciosas sen renunciar ao sabor, grazas á gran variedade de produtos sen glute que podemos atopar hoxe en día.
Coas galletas Chocolate Ou’s da sección sen glute de GADIS, preparar esta torta é tan sinxelo como irresistible. Só necesitas un par de paquetes e en poucos minutos terás lista unha creación sen glute, sen forno e perfecta para sorprender a calquera persoa celíaca cunha sobremesa chea de sabor e tenrura.
Etiqueta/s:Chocolate, galletas, oreo, Sen glute, Torta
Imprimir receita
Tempo de preparación25 minutes
Tempo de cocción4 minutes
Tiempo de refrixeración4 hours
Tempo total4 hours 29 minutes
Prato Sobremesa
Cociña Americana
Racións 8 persoas

Equipamento

  • 1 Molde desmontable
  • 1 Cazo
  • 1 Triturador
  • 1 Manga pasteleira
  • 1 Coitelo
  • 1 Culler
  • 1 Varillas
  • 4 Bols

Ingredientes
  

  • 22 uds galletas sen crema
  • 50 g manteiga a temperatura ambiente
  • 250 ml nata 35% mg
  • 175 g quixo branco cremoso
  • 100 ml leite
  • 30 g azucre
  • Crema das galletas
  • 4 uds láminas de xelatina
  • 4 uds galletas sen crema trituradas
  • 6 uds galletas con crema
  • 150 ml nata
  • 2 cdas azucre

Elaboración paso a paso
 

  • Separar a crema de 26 galletas. Reservar a crema e triturar as galletas.
  • Reservar 4 galletas trituradas para a decoración e mesturar o resto coa manteiga a temperatura ambiente.
  • Presionar a mestura sobre a base dun molde desmontable e refrixerar.
  • Hidratar 4 láminas de xelatina en auga durante 10 min.
  • Quentar nun cazo a nata, a crema das galletas, o leite, o queixo e o azucre.
  • Incorporar a xelatina hidratada e deixar arrefriar.
  • Agregar a mestura sobre a base de galletas e refrixerar durante 4 horas.
  • Relar o chocolate negro sobre as galletas trituradas e esparexer a mestura sobre a torta.
  • Bater a nata co aucre e decorar. Colocar as galletas sobre a nata.

VOLVER