Cada vez é máis fácil gozar de sobremesas deliciosas sen renunciar ao sabor, grazas á gran variedade de produtos sen glute que podemos atopar hoxe en día. Coas galletas Chocolate Ou’s da sección sen glute de GADIS, preparar esta torta é tan sinxelo como irresistible. Só necesitas un par de paquetes e en poucos minutos terás lista unha creación sen glute, sen forno e perfecta para sorprender a calquera persoa celíaca cunha sobremesa chea de sabor e tenrura.