Gadis Recetas

receita

Hai unha receita para cada momento e en Gadis queremos compartilas todas contigo.

tarta santiago 07 1 1 e1750157442189

Torta de Santiago

A torta de Santiago é un desas sobremesas que conquistan pola súa sinxeleza e sabor. Con só améndoas, ovos e azucre, esta receita tradicional galega é fácil de facer e sempre queda deliciosa, un clásico con moita historia e perfecto para calquera ocasión.
Etiqueta/s:Fácil, Sen fariñas, Torta, Tradicional
Imprimir receita
Tempo de preparación15 minutes
Tempo de cocción30 minutes
Enfriado del molde30 minutes
Tempo total1 hour 15 minutes
Prato Sobremesa
Cociña Galega
Racións 4 persoas

Equipamento

  • 1 Bol grande
  • 1 Molde redondo (22 cm)
  • 1 Espátula
  • 1 Forno
  • 1 Raiador fino
  • 1 Forma cruz de Santiago para decorar con azucre glas (podes imprimir unha)
  • 1 Peneira ou coador pequeno para espolvorear o azucre glas uniformemente

Ingredientes
  

  • 250 g améndoa moída (preferiblemente crúa)
  • 250 g azucre
  • 4 uds ovos
  • 1 ud reladura de limón
  • 1 cdta canela moída (opcional)
  • Azucre glas (para decorar)
  • Manteiga (para engraxar el molde)

Elaboración paso a paso
 

  • Quenta o forno a 180 °C con calor arriba e abaixo.
  • Nun bol grande, mestura a améndoa moída, o azucre, a reladura de limón e a canela (se decides usala).
    tarta santiago 02 1 1
  • Engade os ovos un a un e mestura ben ata obter unha masa homoxénea.
    tarta santiago 04 1 1
  • Unta un molde redondo (uns 22 cm de diámetro) con manteiga. Se prefires, coloca papel de forno na base.
    tarta santiago 05 1 1
  • Verte a masa no molde, alisa a superficie cunha espátula e coce durante 25–30 minutos. Debe dourarse lixeiramente e o pau de pinchar debe saír limpo.
    tarta santiago 06 1 1
  • Deixa arrefríar a torta no molde. Unha vez fría, coloca a forma da cruz de Santiago e espolvorea con azucre glas. Retira a plantilla con coidado.
    tarta santiago 07 1 1 e1750157442189

VOLVER