Gadis Recetas

receita

Hai unha receita para cada momento e en Gadis queremos compartilas todas contigo.

GADISA TARTALETAS FRUTAS

Tartaletas de froitas

Tortaletas de froitas, doadas de facer e perfectas para unha sobremesa de primavera colorida.
Autor/a: Lola Crespo
Etiqueta/s:follado, Froitas, Sobremesa doada
Imprimir receita
Tempo de preparación35 minutes
Tempo de cocción20 minutes
Prato Sobremesa
Cociña Española
Racións 6 persoas

Equipamento

  • 1 Cortapizzas
  • 1 Coitelo
  • 1 Pincel

Ingredientes
  

  • 1 Prancha de follado
  • 150 g Queixo crema
  • 1 Limón
  • 1 Ovo batido
  • 6 pezas Froita fresca variada
  • 6 culleradas Marmelada da túa elección

Elaboración paso a paso
 

  • Nun bol, mesturar o queixo crema coa rela e o zume dun limón. Reservar.
  • Cortar a prancha de follado, que debe estar fría, en 6 porcións iguais. Facerlles un "marco" a cada unha con axuda dun coitelo.
  • Dentro dese marco, repartir unha cullerada de queixo crema e limón.
  • Pincelar o marco de follado con ovo batido e enfornar sobre unha bandexa de forno con papel vexetal a 180 graos durante 20 minutos.
  • Retirar do forno, engadir marmelada, se se desexa, e as froitas cortadas.

VOLVER