Gadis Recetas

receita

Hai unha receita para cada momento e en Gadis queremos compartilas todas contigo.

sandich sin pan arregla cenas 11

Sándwich sen pan á italiana

Se pensabas que un sándwich sen pan era imposible, este bocadillo á italiana demostrarache o contrario. Cunha base sorprendente de finísimas láminas de batata e queixo fundido, conseguimos unha estrutura dourada e crujiente que envolve un recheo cheo de sabor.
Unha alternativa orixinal, nutritiva e con todo o encanto mediterráneo que converterá unha comida sinxela nun auténtico festín.
Etiqueta/s:Fácil, Rápido, Sándwich, Sen glute
Imprimir receita
Tempo de preparación5 minutes
Tempo de cocción10 minutes
Tempo total15 minutes
Prato Ceas rápidas, Entrante
Cociña Internacional
Racións 2 persoas

Equipamento

  • 1 Forno
  • 1 mandolina ou coitelo afiado

Ingredientes
  

  • 1 Boniato pequeno
  • 1 Mozzarella
  • 100 g Queixo Mozzarella relado
  • 6 liscos lacón ou xamón york
  • 1 Tomate cherokee grande
  • Salsa pesto e rúcula ao gusto

Elaboración paso a paso
 

  • Pelamos unha batata e, con axuda dunha mandolina, cortamos 24 rebanadas de grosor intermedio.
  • Colocámolas sobre papel vexetal nunha bandexa de forno, tal e como aparecen na foto e cubrímolas con queixo para que funcione de "pegamento" entre os discos de batata. Tede coidado de cubrir ben as unións das rebanadas, pero sen chegar moi ao bordo para que non se salga o queixo ao quentarse no forno.
  • Introducimos 10 minutos en forno prequentado a 190º con coidado de que non se queime o queixo pero quédenos doradito. Deixamos arrefriar.
  • Untamos unha cara cun pouco de pesto e sobre o colocamos a rúcula para que quede pegada. A continuación o tomate en toros grosos. Sobre o tomate a mozzarella tamén en liscos e terminamos con 2 ou 3 liscos de lacón, de  bo xamón york, ou, mellor aínda, dunha boa mortadela italiana.

VOLVER