Gadis Recetas

receita

Hai unha receita para cada momento e en Gadis queremos compartilas todas contigo.

Pizza con base de bro╠ucoli e1711529779990

Pizza con base de brócoli na tixola

Pizza de brócoli e sen forno. É posible? Siii! Receita sinxela, saudable e rápida. Vaiche encantar!
A tempada do brócoli vai de decembro a abril. É unha hortaliza que contén vitaminas A e C e minerais como ferro e potasio. Ademais, é rico en fibra e mais en antioxidantes e é superbeneficioso para o organismo. Se o probas en forma de pizza vaite sorprender, seguro.
Autor/a: Lidia Filgueira Vázquez
Etiqueta/s:De base vexetal, Saudable, Sen fariñas, Sin gluten
Imprimir receita
Tempo de preparación15 minutes
Tempo de cocción7 minutes
Tempo de repouso2 minutes
Tempo total24 minutes
Prato Prato principal
Cociña Española
Racións 1 persoa

Equipamento

  • Bol para mesturar os ingredientes da base
  • Procesador de alimentos para triturar os ingredientes
  • Tixola con testo para cociñar a pizza
  • Coitelo para cortar os ingredientes
  • Culler para engadir a salsa de tomate

Ingredientes
  

Base de brócoli

  • 1 brócoli
  • 3 ovos
  • 2 culleradas de sementes de liño moídas
  • 1 cullerada de AOVE
  • 1 chisco de sal
  • 1 chisco de pementa negra

Ingrediente ou topping

  • 100 g de queixo afumado San Simón da Costa
  • 50 g de lacón
  • 3 culleradas de salsa de tomate frito
  • 2 culleradas de champiñóns á prancha
  • 2 culleradas de queixo relado emmental
  • 1 cullerada de olivas negras

Elaboración paso a paso
 

Base da pizza

  • Picar o brócoli cru e engadir os ovos e mais as sementes de liño moídas.
  • Salpementar, triturar todos os ingredientes e verter a mestura nunha tixola con AOVE.
  • Tapar e cociñar a lume lento durante 5 min.

Ingredientes ao gusto ou toppings

  • Engadir a salsa de tomate, os champiñóns, o queixo, o lacón e as olivas cortadas.
  • Tapar e cociñar durante un par de minutos máis.
  • Retirar e deixar arrefriar.

Video

Notas

Engádelle ingredientes ao teu gusto

VOLVER