Gadis Recetas

receita

Hai unha receita para cada momento e en Gadis queremos compartilas todas contigo.

pastel french toast horizontal

Pastel de torradas francesas con figos e crema de natillas

Imaxínaste unha sobremesa fresca, lixeira e chea de contrastes? Este pastel de torradas francesas con figos e crema de natillas teno todo: a suavidade dun pan aromatizado con canela, a cremosidade da vainilla e o toque zumarento e caramelizado dos figos.
Unha proposta orixinal, sen glute e moi fácil de preparar, que ademais non require forno, polo que resulta ideal para sorprender no verán sen complicacións. Unha receita que convirte ingredientes sinxelos nunha experiencia deliciosa e elegante.
Etiqueta/s:Almorzo, de temporada, psotre, Sen glute
Imprimir receita
Tempo de preparación20 minutes
Tempo de cocción10 minutes
Tempo total30 minutes
Prato Sobremesa
Cociña Francesa
Racións 2 persoas

Equipamento

  • 1 Recipiente rectangular
  • 1 Garfo
  • 1 Culler
  • 1 Coitelo
  • 1 Táboa
  • 1 Tixola
  • 1 Prato

Ingredientes
  

  • 8 rebanadas pan de molde sen glute
  • 2 uds ovos
  • 250 g natillas
  • 200 ml bebida vexetal de améndoa
  • 120 g queixo Ricotta
  • 25 g manteiga sen sal
  • 1 cdta canela
  • figos, moras e amorodos

Elaboración paso a paso
 

  • Bater os ovos nun recipiente rectangular xunto coa bebida de améndoa e a canela e mollar o pan durante uns segundos. 
  • Quentar unha tixola a lume medio con manteiga e cociñar as rebandas de pan polos dous lados durante un par de minutos.
  • Saltear os figos en anacos cun pouco de manteiga, a lume lento, durante cinco minutos.
  • Mesturar as natillas co queixo ricotta e colocar as torradas francesas sobre un prato.
  • Engadir a crema e incorporar os figos cociñados. Repetir o proceso con todo o pan, a crema e os figos.
  • Agregar a crema sobre as últimas torradas e decorar con moras, amorodos e figos. Acabadiño de facer está... delicioso!

VOLVER