Gadis Recetas

receita

Hai unha receita para cada momento e en Gadis queremos compartilas todas contigo.

pollo marry me

Guiso de polo cremoso con tomate seco

Tamén coñecido como "Marry me chicken", é un guiso de polo cremoso que recibe ese nome curioso porque é tan delicioso "que mesmo lle poderías pedir matrimonio a alguén con el". Seguro que a resposta é si.
Etiqueta/s:Cremoso, guiso, polo, Receita doada, tomate seco
Imprimir receita
Tempo de preparación30 minutes
Prato Prato principal
Cociña Mediterránea
Racións 4 persoas

Equipamento

  • 1 Tarteira
  • 1 Relador de queixo

Ingredientes
  

  • 2 cdas aceite de oliva
  • 500 g peituga de polo en dados
  • 350 g pasta piñón
  • 1 cda pemento doce
  • 1 cda ourego
  • 600 ml caldo de carne
  • 150 g tomates secos
  • 100 g espinacas frescas
  • 200 ml nata líquida
  • 30 g manteiga
  • 60 g parmesano relado
  • Sal

Elaboración paso a paso
 

  • Refogar e dourar os dados de polo nunha tarteira con aceite de oliva.
  • Engadir a pasta piñón e remexer.
  • Incorporar o pemento doce, ourego, sal, tomase seco en anacos e o caldo de carne. Remexer para integrar e deixar cociñar 5 minutos.
  • Agregar as espinacas, a nata líquida e cociñar a lume baixo 5 minutos.
  • Por último, engadir a manteiga, o parmesano relado, apagar o lume, remexer para integrar e listo

Video

VOLVER