Gadis Recetas

receita

Hai unha receita para cada momento e en Gadis queremos compartilas todas contigo.

tomates en ensalada diferente 8 1

Ensalada de tomates con vinagreta de manga

Estes tomates en ensalada diferente, son precisamente iso: uns tomates en formato ensalada pero bastante distinta ás que adoitamos tomar.
Hai nela unha lixeira mestura de doce e salgado que eu creo que é o que a fai tan rica e tan peculiar. Así que esta receita, é unha idea estupenda de entrante ou de cea coa que poderedes sorprender a quen queirades ou, sen ir máis lonxe, sorprendervos a vós mesmos.
Etiqueta/s:Cea rápida, Ensalada, Manga, Tomates
Imprimir receita
Tempo de preparación15 minutes
Prato Acompañamento
Cociña Mediterránea
Racións 2 persoas

Equipamento

  • 1 pelador (para pelar os tomates)
  • 1 Coador amplio

Ingredientes
  

  • 3 - 4 uds tomates según o tamaño
  • 1 ud lata pequena de anchoas
  • 1 ud burrata
  • 1/2 ud manga
  • 50 g de pistachos
  • Aceite de oliva virxe extra ao gusto
  • Sal ao gusto
  • Vinagre de mazá ao gusto
  • Pementa ao gusto

Elaboración paso a paso
 

  • Mondamos e cortamos media manga.
  • Nunha boa turmix trituramos o medio mango con aceite virxe, vinagre do voso gusto, sal, pementa e, se vos apetece, cunha puntiña de mostaza. Tennos que quedar unha salsiña medio espesa. Reservamos.
  • Lavamos, mondamos e cortamos os tomates en rodas.
  • TRUCO 1: Mondar os tomates (cun mondador adecuado para iso) é moi doado e dálle un plus de finura a calquera prato que fagades con tomate cru.
  • TRUCO 2: Salgamos as rodas de tomate e deixámolas repousar unha media hora nun coador ou reixa para que solten parte da súa auga e intensifiquen o seu sabor.
  • No fondo dun prato ou fonte colocamos as rodas de tomate. No centro, dispoñemos a burrata e abrímola sobre a base dos tomates. Regamos co aceite das anchoas.
  • Colocamos as anchoas por enriba.
  • Adubamos coa vinagreta de mango  e terminamos o prato cos  pistachos picados.

Notas

É opcional, pero paga a pena. Deixar os tomates 30 minutos con sal para que perdan líquido e estean máis saborosos

VOLVER