Gadis Recetas

receita

Hai unha receita para cada momento e en Gadis queremos compartilas todas contigo.

ensalada de patat con atun

Ensalada de pataca con atún ao limón e espárragos trigueiros

As ensaladas sempre apetecen e con bo tempo gustan aínda máis os pratos sinxelos e coloridos. A ti tamén?
Para hoxe unha idea nutritiva e moi rápida.
Etiqueta/s:Ensalada, Sen glute, Verán
Imprimir receita
Tempo de preparación20 minutes
Tempo de cocción15 minutes
Macerado atún1 hour
Tempo total1 hour 35 minutes
Prato Primeiro prato
Cociña Española
Racións 1 persoa

Equipamento

  • 1 Bowl
  • 1 Pota
  • 1 Táboa
  • 1 Tixola

Ingredientes
  

  • 250 g atún fresco ao corte
  • 200 g patacas de gornición
  • 3 uds tomates secos en aceite con herbas aromáticas
  • 1 manojo espárragos trigueiros
  • 1 ud aguacate grande
  • 1 ud limón
  • 1 manojo xermolos antioxidantes
  • Aceite de oliva virxen extra
  • Sal

Elaboración paso a paso
 

  • Cortar o atún en tiras e macerar co zume de medio limón, sal e 3 culleradas de AOVE durante unha hora.
  • Cortar as patacas pola metade e cocer en auga con sal durante 10 minutos. Escorrer e reservar.
  • Eliminar o extremo final dos espárragos e cocer en auga con sal durante 5 min. Escorrer e cortar a cocción con auga fría. Reservar.
  • Facer o atún á prancha, durante un minuto por cada lado.
  • Esmagar o aguacate cun garfo e engadir o zume de medio limón, 2 culleradas de AOVE (aceite de oliva virxe extra) e sal.
  • Para empratar, colocar o aguacate nos bordos do prato, engadir os xermolos antioxidantes (rúcula, herba dos cóengos, agrón e leituga vermella) e engadir as patacas cocidas, os espárragos verdes e o atún.
  • Agregar en anacos o tomate seco en aceite con herbas aromáticas e un chorro de aceite de oliva virxe extra.

Notas

¿Te gusta la patata cocida? Es el acompañamiento perfecto. Rica en vitaminas B y C, ácido fólico y minerales como hierro y magnesio, si la refrigeras tendrá efecto probiótico. ¡Ideal para las ensaladas de verano!

VOLVER