Gadis Recetas

receita

Hai unha receita para cada momento e en Gadis queremos compartilas todas contigo.

empanadillas navidenas foto 1

Empanadillas de Nadal

Esta receita é unha idea marabillosa para estas festas de Nadal. Unhas empanadillas cun recheo orixinal e con moitísimos matices distintos.
Etiqueta/s:Vegana
Imprimir receita
Tempo de preparación40 minutes
Tempo total40 minutes
Prato Entrante
Cociña suramericana
Racións 2 persoas

Equipamento

  • 1 Tixola
  • 1 Forno
  • 1 Bandexa de forno
  • 1 Espátula

Ingredientes
  

  • 1 cebola
  • 1/2 pemento vermello
  • 8 unidades portobellos
  • 20 unidades olivas
  • 1 puñado uvas pasas
  • 160 g polo vegano
  • sal e pementa
  • 12 unidades obleas para empanadillas
  • leite de soia sen azucre

Elaboración paso a paso
 

  • En primeiro lugar, rustrimos a cebola e o pemento cun chisco de sal
  • Picamos moi finos os portobellos e engadímolos ao rustrido
  • Esmigallamos o polo  vegano e engadímolo ao rustrido
  • Engadimos olivas e uvas pasas á mestura anterior
  • Engadimos sal e pementa e deixamos arrefriar a mestura
  • Mentres, prequentamos o forno a 180º.
  • Enchemos cada oblea de empanadilla coa mestura, estirámolas nunha bandexa de forno.
  • Picámolas co garfo no medio e pincelámolas con leite de soia sen azucre.
  • Cocemos durante 15 minutos ou ata que estean douradiñas e listo.

VOLVER