En primeiro lugar, rustrimos a cebola e o pemento cun chisco de sal
Picamos moi finos os portobellos e engadímolos ao rustrido
Esmigallamos o polo vegano e engadímolo ao rustrido
Engadimos olivas e uvas pasas á mestura anterior
Engadimos sal e pementa e deixamos arrefriar a mestura
Mentres, prequentamos o forno a 180º.
Enchemos cada oblea de empanadilla coa mestura, estirámolas nunha bandexa de forno.
Picámolas co garfo no medio e pincelámolas con leite de soia sen azucre.
Cocemos durante 15 minutos ou ata que estean douradiñas e listo.