Gadis Recetas

receita

Hai unha receita para cada momento e en Gadis queremos compartilas todas contigo.

imagen horizontal 1 1

Empanada de roupa vella de cocido

Hoxe tráiovos a receita da empanada de roupa vella de cocido que nos encantou coa súa substancia, co zumenta que é e coa súa masa crocante. Unha receita de aproveitamento das máis deliciosas que probei nunca.
A empanada é un referente popular en Galicia e calquera motivo é bo para poñela na mesa. É unha receita sen complicacións cuxa masa foi evolucionando desde a clásica masa de pan ata masas máis refinadas e enriquecidas. O mesmo ocorre coas zaragalladas que podemos adaptar aos nosos gustos que admiten multitude de variedades, desde carnes, verduras, mariscos, peixes, embutidos e desfrutar de todos eles.
Na casa somos moi entusiastas da empanada e na miña casa en particular, non en van o meu segundo libro é case un monográfico de empanadas con máis de 30 receitas con recheos diferentes pero é ben certo que as asociamos sempre a salgado cando hai zaragalladas doces e suculentas ben ricas e tentadoras.
Nesta receita de empanada optei pola masa da miña tía Aurita, xa a coñecedes a maioría de vós, que nos achega unha codia fina e renxente e un recheo xeneroso de mazás cun interior meloso que, sen ningunha dúbida, vos fará triunfar entre os vosos convidados.
Para esta receita é obvio que necesito ter carne sobrante de cocido, pero o resto dos ingredientes son un básico da miña despensa que merco en GADIS, o meu supermercado de sempre.
Imprimir receita
Tempo de preparación30 minutes
Tempo de cocción40 minutes
Tempo total1 hour 10 minutes
Prato Cea de petiscos, Entrante
Cociña Galega
Racións 10 racións

Equipamento

  • Molde de 32 cm (pódese facer nas fontes de forno que veñen con el)

Ingredientes
  

Masa de empanada

  • 500 g de fariña de trigo e un pouco máis para amasar
  • 150 g de aceite de xirasol/oliva
  • 150 g de leite/viño branco/ou líquido da zaragallada
  • 1 ovo
  • 8 g de sal

Zaragallada

  • 450 g de restos de carne de cocido
  • 1/2 chourizo
  • 3 cebolas medianas
  • Sal e pementa negra
  • 180 g g de espinacas frescas (poden ser grelos cocidos)
  • Aceite de oliva virxe extra

Para a decoración final

  • 1 ovo batido

Elaboración paso a paso
 

Masa

  • Preparar os ingredientes, pesalos e dispoñelos ao redor da recipiente -cunca, bandexa de forno…- onde se vai amasar.
  • Verter a fariña no recipiente, engadir o sal e o resto de ingredientes (aceite, leite, ovo).
  • Mesturar coa culler de madeira ata conseguir que a masa ligue. Formar unha bóla (faise deseguida), deixala repousar no recipiente onde se amasou, cuberta cun pano, durante 15 minutos. Mentres se prepara a zaragallada, estará lista para usar.

Zaragallada

  • Pelar e picar as cebolas. Reservar.
  • Esmigallar a carne do cocido e eliminar a graxa das pezas que a conteñan en exceso. Cortar o chourizo miúdo.
  • Rustrir a cebola nun chorriño de aceite a lume medio e cun chisco de sal. Engadir a roupa vella, remexer e deixar que tome temperatura durante 50 segundos. Engadir as espinacas limpas e escorridas, esparexer sal, tapar a tixola e deixar que se fagan co vapor xerado durante un minuto. Remexer toda a zaragallada, rectificar de sal e pasala por un coador para que elimine o exceso de líquido. Ese mesmo líquido podemos utilizalo na masa da empanada. Deixar arrefriar ou polo menos temperar.
  • Dividir a masa en 2 deixando unha parte un pouco máis grande xa que será que que usaremos para abaixo. Estirala e cubrir a base do molde con papel de forno.
  • Distribuír a zaragallada sobre a masa.
  • Cubrir coa masa restante, decorar cos recortes. Facer un oco no centro para que actúe de cheminea mentres se coce e picar toda a superficie da empanada coa punta dun coitelo.
  • Pintar con ovo batido.
  • Meter no forno a 195º entre 40 e 45 minutos ou ata que a vexamos douradiña.
  • Desmoldamos sobre unha reixa e deixamos arrefriar antes de servir.

Video

Notas

Consellos:
Se sobra, podemos conxelar en porcións. Ao desconxelala, podemos darlle un golpe de calor no forno o nunha frixidora de aire e quedará como acabada de facer.

VOLVER