Pelar e picar as cebolas. Reservar.
Esmigallar a carne do cocido e eliminar a graxa das pezas que a conteñan en exceso. Cortar o chourizo miúdo.
Rustrir a cebola nun chorriño de aceite a lume medio e cun chisco de sal. Engadir a roupa vella, remexer e deixar que tome temperatura durante 50 segundos. Engadir as espinacas limpas e escorridas, esparexer sal, tapar a tixola e deixar que se fagan co vapor xerado durante un minuto. Remexer toda a zaragallada, rectificar de sal e pasala por un coador para que elimine o exceso de líquido. Ese mesmo líquido podemos utilizalo na masa da empanada. Deixar arrefriar ou polo menos temperar.
Dividir a masa en 2 deixando unha parte un pouco máis grande xa que será que que usaremos para abaixo. Estirala e cubrir a base do molde con papel de forno.
Distribuír a zaragallada sobre a masa.
Cubrir coa masa restante, decorar cos recortes. Facer un oco no centro para que actúe de cheminea mentres se coce e picar toda a superficie da empanada coa punta dun coitelo.
Pintar con ovo batido.
Meter no forno a 195º entre 40 e 45 minutos ou ata que a vexamos douradiña.
Desmoldamos sobre unha reixa e deixamos arrefriar antes de servir.