Gadis Recetas

receita

Hai unha receita para cada momento e en Gadis queremos compartilas todas contigo.

curry de garbanzos con verduras 5

Curry de garavanzos con verduras

Este curry de garavanzos con verduras é unha forma diferente e exótica de gozar das leguminosas. A diferenza dos clásicos potaxes da nosa cociña tradicional, este guiso é máis lixeiro, cheo de especias aromáticas e cun sabor irresistible. A súa combinación de verduras e garavanzos convérteo nun prato nutritivo, reconfortante e doado de preparar. Ademais, é ideal para acompañar con arroz ou levar na tarteira, perfecto para calquera día da semana.
Etiqueta/s:Curry, Garavanzos, Legumes, Sen gluten
Imprimir receita
Tempo de preparación15 minutes
Tempo de cocción30 minutes
Prato Prato principal
Cociña Internacional
Racións 4 persoas

Equipamento

  • Tarteira
  • Recipiente apto para microondas

Ingredientes
  

  • 800 g garavanzos cocidos
  • 1 ceboliña
  • 3 cenorias
  • 2 tomates
  • 2 dtes allo
  • 1 lata leite de coco
  • 100 ml salsa de soia baixa en sal
  • 6 uds ovos
  • Coandro
  • Alfábega
  • Pirixel
  • Comiño
  • Xenxibre
  • Curry
  • Aceite de oliva

Elaboración paso a paso
 

  • Picamos miudiños a ceboliña, a cenoria e o tomate.
  • Nunha tarteira ampla pasamos as verduras picadas  e dous dentes de allo enteiros nun pouco de aceite. Se queredes acortar en iempo e as calorías deste proceso, podedes introducir previamente as verduras xa picadas durante 8 minutos no microondas e con outros 5 de tarteira, estarán perfectas. Unha vez pasadas as verduras, engadimos os garavanzos cocidos á tarteira e condimentamos con curry, comiño, e xenxibre relado. Co curry, sede xenerosos.
  • É o momento de engadir o leite de coco e a salsa de soia. Remexemos ben. Engadimos o coendro, a alfábega e o pirixel picados  e deixamos que se evaporen un pouco os líquidos mentres os garavanzos se fan un pouquiño máis  e se mesturan todos os sabores.  En 15 ou 20 minutos estarán perfectos.
  • Acompañamos con un arroz de jazmín cocido y, para terminar el plato, le añadimos unos huevos poché, a la plancha o cocidos.

VOLVER