Este curry de garavanzos con verduras é unha forma diferente e exótica de gozar das leguminosas. A diferenza dos clásicos potaxes da nosa cociña tradicional, este guiso é máis lixeiro, cheo de especias aromáticas e cun sabor irresistible. A súa combinación de verduras e garavanzos convérteo nun prato nutritivo, reconfortante e doado de preparar. Ademais, é ideal para acompañar con arroz ou levar na tarteira, perfecto para calquera día da semana.
Picamos miudiños a ceboliña, a cenoria e o tomate.
Nunha tarteira ampla pasamos as verduras picadas e dous dentes de allo enteiros nun pouco de aceite. Se queredes acortar en iempo e as calorías deste proceso, podedes introducir previamente as verduras xa picadas durante 8 minutos no microondas e con outros 5 de tarteira, estarán perfectas. Unha vez pasadas as verduras, engadimos os garavanzos cocidos á tarteira e condimentamos con curry, comiño, e xenxibre relado. Co curry, sede xenerosos.
É o momento de engadir o leite de coco e a salsa de soia. Remexemos ben. Engadimos o coendro, a alfábega e o pirixel picados e deixamos que se evaporen un pouco os líquidos mentres os garavanzos se fan un pouquiño máis e se mesturan todos os sabores. En 15 ou 20 minutos estarán perfectos.
Acompañamos con un arroz de jazmín cocido y, para terminar el plato, le añadimos unos huevos poché, a la plancha o cocidos.