Gadis Recetas

receita

Hai unha receita para cada momento e en Gadis queremos compartilas todas contigo.

foto horizontal

Cheesecake Brownie

Se xuntas dúas ou tres das túas tortas favoritas, o brownie e o cheesecake, sáeche esta marabilla que ten unha combinación de sabores espectacular que non te vai deixar indiferente
Etiqueta/s:Vegana
Imprimir receita
Tempo de preparación20 minutes
Tempo de cocción40 minutes
Tempo total1 hour
Prato Sobremesa
Cociña Americana
Racións 20 racións

Equipamento

  • 1 Bandexa de forno
  • 1 Pota
  • 1 Espátula
  • 1 Forno

Ingredientes
  

Para o brownie

  • 2 cdas de semillas trituradas de lino molidas
  • 8 cdas de agua para las semillas
  • 300 ml de agua caliente
  • 320 g de harina de trigo
  • 75 g de azúcar blanco
  • 70 ml de margarina
  • 50 g de azúcar moreno
  • 60 g de cacao en po
  • 60 g de chocolate fundido
  • 2 mancheas de chips de chocolate
  • 2 cdas de vainilla
  • 1 cdña de sal
  • 1 cdña de fermento químico

Para o cheesecake

  • 600 g de queixo de untar vegano
  • 250 ml de nata de soia
  • 125 g de iogur de soia
  • 100 g de xarope de agave
  • 45 g de maicena
  • 2 cdas vainilla

Elaboración paso a paso
 

  • En primeiro lugar, mesturamos as sementes de liño trituradas coas culleradas de auga e reservamos.
  • Por outra parte, disolvemos o azucre branco e o azucre moreno en auga quente e reservamos
  • Peneiramos os secos: a fariña, o cacao e o fermento.
  • Engadimos os líquidos e amanteiga, o chocolate fundido e mais o sal.
  • Mesturamos todo moi ben e engadimos as chispas de chocolate.
  • Botamos nunha bandexa de forno cuberta de papel vexetal e reservamos. Deixamos un par de culleradas para para usar para a decoración.
  • Para a parte de cheesecake, poñemos nun cazo a lume baixo, a nata, o iogur, o queixo de untar e a maicena aínda coa mestura fría.
  • Mesturamos todo moi ben e deixamos que se vaia fundindo pouco a pouco.
  • Cando teñamos unha mestura uniforme, engadimos a vainilla e o xarope.
  • Engadimos esta segunda mestura á bandexa coa axuda cunha espátula para que non se mesturen as partes.
  • Á mestura que deixamos reservada de brownie para decorar engadímoslle 2 culleradiñas de auga quente. Mesturamos todo ben e engadimos parches sobre a mestura coa axuda do mango dunha culler e imos rompendo eses parches para facer un debuxo.
  • Enfornamos 40-45 minutos a 180º
  • Deixamos arrefriar completamente na neveira como mínimo, 4 horas e... Listo!

Video

VOLVER