En primeiro lugar, mesturamos as sementes de liño trituradas coas culleradas de auga e reservamos.
Por outra parte, disolvemos o azucre branco e o azucre moreno en auga quente e reservamos
Peneiramos os secos: a fariña, o cacao e o fermento.
Engadimos os líquidos e amanteiga, o chocolate fundido e mais o sal.
Mesturamos todo moi ben e engadimos as chispas de chocolate.
Botamos nunha bandexa de forno cuberta de papel vexetal e reservamos. Deixamos un par de culleradas para para usar para a decoración.
Para a parte de cheesecake, poñemos nun cazo a lume baixo, a nata, o iogur, o queixo de untar e a maicena aínda coa mestura fría.
Mesturamos todo moi ben e deixamos que se vaia fundindo pouco a pouco.
Cando teñamos unha mestura uniforme, engadimos a vainilla e o xarope.
Engadimos esta segunda mestura á bandexa coa axuda cunha espátula para que non se mesturen as partes.
Á mestura que deixamos reservada de brownie para decorar engadímoslle 2 culleradiñas de auga quente. Mesturamos todo ben e engadimos parches sobre a mestura coa axuda do mango dunha culler e imos rompendo eses parches para facer un debuxo.
Enfornamos 40-45 minutos a 180º
Deixamos arrefriar completamente na neveira como mínimo, 4 horas e... Listo!